Skip to Content

Entrega dos premios do Club de Lectura

Estamos moi contentos e contentas porque, dende o colexio, fomos ás entregas do terceiro premio do Club de Lectura a Santiago de Compostela e a Madrid.

É importante agradecer este traballo a todos/as os/as profes que participaron nesta pequena familia de Faragullas de papel: Lidia, Marta Maceira, Patricia, Alberto e Nicole, pero, sobre todo, a todos/as os/as nenos/as de 5º e 6º de educación primaria do curso 22/23. Sen a participación de todo este alumnado sería imposible conseguir este premio.

O premio é voso!

 

Concurso de logos para o PDI "Todas e todos temos unha historia que contar"

Convocamos o concurso de logos para representar o noso proxecto de centro "Todas e todos temos unha historia que contar". O logo escollido representará o noso proxecto e todas as actividades que se fagan dentro del.

Para participar, só tedes que descargar o formato de logo adxunto nesta publicación ou ben facelo vós (é un círculo sinxelo) e logo entregarllo ao voso/a mestre/a. Todos os logos serán publicados na páxina web e expostos na biblioteca.

Ademais, non vos esquezades de mirar as recomendacións para facer un logo. Son moi útiles para elaborar o noso logo!

É importante entregalo antes do 30 de novembro.

Animádevos a participar!

 

SAMAGOSTO 2023

Aquí podedes ver as caras terroríficas destas alimañas con moitas historias que contar...

Álbum: Curso 2023/2024 -> Samagosto 2023

O primeiro Consello da Infancia

O 11 de outubro de 2023 levamos a cabo o primeiro Consello da Infancia deste curso 2023/2024. Nel, desvelamos o título e a temática do noso PDI deste curso, "Todas e todos temos unha historia que contar". Os representantes do Consello da Infancia estiveron analizando unhas fotografías misteriosas que apareceron pegadas polos corredores do cole. 

Elas contan historias

O luns 16 de outubro, celebramos o Día das Escritoras a traveś da nosa actividade "Elas contan historias". Cada grupo escolleu a unha escritora e unha das súas historias para ir lerlla a outra clase do mesmo nivel. A cambio, a outra aula debía elaborar unha folla de outono (aproveitando a estación) incluíndo unha fotografía e información sobre a escritora da historia que lle leron. 

Aquí podedes ver os resultados da nosa actividade!

Espero que vos guste!

 

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN 2023

Hoxe 16 de outubro conmemórase o Día Mundial da Alimentación e, grazas á colaboración de Slow Food Compostela e de Miguel Nogueira da Panadería Mercedes de Carral, as nenas e nenos de 2º de primaria puideron coñecer máis do alimento emblema da nosa vila, o PAN.

 

Fixeron unha cata e comprobaron así de primeira man as diferenzas entre o pan de Carral e o pan de elaboración máis industrial.

Punto móbil de reciclaxe

Hoxe estiveron con nós, Almudena e Javier da brigada de reciclaxe do Consorcio das Mariñas para explicarnos o funcionamento do punto limpo móbil que temos no patio do centro dende o luns 2 ata o venres 6 de outubro. Animádevos a empregalo!

 

Premios Clubes de lectura escolares correspondientes al curso 2022-2023

Hoxe temos unha gran nova, fomos gañadores do terceiro premio correspondente aos "Premios Clubes de lectura escolares correspondientes al curso 2022-2023" do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Aquí tedes un vídeo do Roteiro literario Volverás Golfiño para que vexades que ben o pasamos!

Curso 2024/2025

Calendario escolar 24/25 de CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel

Reunións familias 4º Educación Infantil

Estimadas familias:

 

A reunións iniciais das familias serán:

 

4° de E.I (3 anos) para o periodo de adaptación será o próximo martes día 5:

 

4° de EI A: ás 12:30 na propia aula do grupo.

4° de EI B: ás 13:00 na propia aula do grupo.

 

5° de E.I (4 anos) será o próximo mércores día 6 ás 11:00h en cada unha das aulas.

 

6º de E.I (5 anos) será o próximo xoves día 7 ás 11:30 h en cada unha das aulas. 

 

O equipo de ciclo informará vía telefónica a que grupo corresponde cada alumna e alumno.

Acudir preferentemente un único responsable e sen nenas e nenos.

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos no comedor para o curso 23-24

Informámolas de que se atopa publicada a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no comedor para o curso 23-24.

A listaxe pode consultarse no taboleiro que está no interior do centro de 10.00h a 13.00 h ou no teléfono 881 880 446.

Asemade, as persoas que aparecen admitidas na listaxe definitiva xa poden presentar a autodeclaración, poden descargar o modelo da páxina web ou solicitalo na conserxería do centro.

O centro permanecerá pechado dende o día 26 de xullo ata o 1 de setembro polo que a autodeclaración ten que entregarse cuberta por correo electrónico a administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal

A data límite para a entrega da autodeclaración é o 1 de setembro. 

Listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor para o curso 23-24

Informámolas de que se atopa publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor para o curso 23-24.

A listaxe pode consultarse no taboleiro que está no interior do centro de 9.00h a 14.00 h ou no teléfono 881880446.

O prazo de reclamacións abrangue desde mañá, venres 14 de xullo ata o xoves 20 de xullo, ambos incluídos. As reclamacións presentaranse por escrito na administración do centro en horario de 10.00 h a 13.00 h, non é preciso pedir cita.

A listaxe definitiva publicarase ao rematar o prazo de reclamacións. Asemade, as persoas que aparecen admitidas na listaxe provisional xa poden presentar a autodeclaración, poden descargar o modelo da páxina web ou solicitalo na conserxería do centro.

A data límite para a entrega da autodeclaración é o 1 de setembro. A autodeclaración pode entregarse cuberta por correo electrónico a administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal.

 

O alumnado excluído queda pendente da presentación de documentación ou pago de taxas.

As familias que marcaron o criterio “Outro alumnado do centro” na solicitude quedan pendentes para a adxudicación definitiva.

Anexo IVAnexo IV

Listaxe provisional fondo libros e material

Atópase publicada no taboleiro do centro a listaxe provisional de admitidos e excluídos do fondo libros e de vales de material para o curso 23-24.

As reclamacións poden efectuarse nos dous días hábiles seguintes a partires da publicación de dita listaxe, polo que os días para efectuar ditas reclamacións son o venres 7 e o luns 10 de xullo.

Distribuir contenido


by Dr. Radut