Skip to Content

Día das Letras Galegas

O vindeiro martes, 17 de maio, é o Día das Letras Galegas, e varios/as alumnos/as de 5º de EP coa colaboración dalgúns familiares elaboraron un podcast sobre o autor homenaxeado este ano: Florencio Delgado Gurriarán.

Asemade, participaron no IV Concurso de Podcasts Radio na biblio.

Todo o alumnado do centro tivo a oportunidade de escoitalo durante a Hora de Ler.

Podédelo escoitar premendo no arquivo adxunto.

 

 

Listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido no curso 2022-2023

Atópase publicada a listaxe definitiva de admitidos e non admitidos para o Curso 2022-2023, no taboleiro interior do centro. Pode consultarse no propio centro, ou ben a través da aplicación admisión alumnado empregando a chave 365 ou o certificado dixital.

 

Búscanse valentes contra o acoso

O luns celebramos o Día contra o acoso escolar. O alumnado do noso centro quixo bailalo!

 

 

Grazas ao equipo de Educación Física, en especial a David, que foi o que coordinou e a todos aqueles alumnos e alumnas que participaron.

 

 

Videoxogos saudables

Aquí tedes os xogos que elaborou o alumnado de 6ºA de Educación Primaria para pasar un rato divertido e moi saudable!!!

Que os desfrutedes!

1       2      3               

   7    8    9      10     

11

Listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido Curso 2022-2023

Atópase publicada a listaxe provisional de admitidos e non admitidos para o Curso 2022-2023, no taboleiro interior do centro. Pode consultarse no propio centro, ou ben a través da aplicación admisión alumnado empregando a chave 365 ou o certificado dixital.

O prazo de reclamacións é de 5 días hábiles, a partir do seguinte á publicación.

A listaxe definitiva será publicada antes do 15 de maio.

 

 

 

Xogos Xandobela

Aquí tedes un vídeo cunhas imaxes dos xogos de hoxe que veu facer Xandobela !! Esperamos que sexa do voso agrado!! Vémonos de novo o martes 19 de abril, pasade unhas boas e merecidas vacacións!!

Visita de Xosé Zapata. Premio Goya 2022

Como ben sabedes, estamos a traballar baixo a iniciativa de 21 días en galego e máis... desde Carral. Hoxe tivemos unha visita moi especial, organizada polo Concello, de Xosé Zapata ao noso alumnado para ensinarlles o Goya recibido pola súa curtametraxe de animación "The Monkey". 

Ademais, Xosé é de Carral, e o alumnado de 1ºB fixera, como traballo da Semana da Prensa, unha noticia para o Diario de Carral sobre el. Xosé levouse unha copia asinada por tódolos nenos e nenas e asinou unha para deixala no noso cole.

Parabéns Xosé! E grazas pola túa visita!

Educación viaria

Estes días, o alumnado de 3° e 5° de primaria recibiu unha charla de educación viaria e ademais, puxo en práctica o aprendido nun circuíto no que os nenos e nenas o pasaron xenial!

Día da saúde

Aquí tedes os carteis que colgaremos polos corredores do noso cole para concienciar sobre a importancia da saúde!


SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O CURSO 2022/2023

Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como na Corrección de erros da mencionada Orde (Disp. Adic. Segunda, apartado 2),  o alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que formalizar matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este ao longo do mes de abril de cada ano, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar.

 

Achegámoslles a solicitude de comedor e de transporte escolar para o vindeiro curso 2022/2023. Se están interesados, deben presentala no centro desde o 1 ata o 30 de abril.

 

As solicitudes terán que vir asinadas por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coas solicitudes a resolución xudicial correspondente, agás en casos de violencia de xénero.

 

Poden entregalas por correo electrónico, polo alumnado ao titor/a ou na administración do centro solicitando cita previa no teléfono 881 880 447.

 

Lembren acompañar a solicitude coa copia da documentación que corresponda segundo o caso:

  •  Usuario de transporte escolar sen servizo a mediodía: É preciso entregar un certificado familiar do PADRÓN MUNICIPAL. Aquelas familias pertencentes ao Concello de Carral que autoricen ao centro educativo a solicitalo non terán que entregar nada.
  • Usuario en situación socioeconómica desfavorable: INFORME dos Servizos Sociais do Concello.
  •  Usuario cunha discapacidade igual ou superior ao 33%: CERTIFICADO de minusvalía. Familias numerosas: TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA.
  • Se os pais traballan e non teñen horarios compatibles coa saída do alumnado: CERTIFICADO de horario con selo e asinado pola empresa.
  • TRABALLADORES AUTÓNOMOS: CERTIFICADO de alta e último recibo aboado.

SEMANA DA PRENSA

Hai dúas semanas foi a SEMANA DA PRENSA, dende o cole fixemos un xornal colaborativo, mirade que de novas temos!!!

 


ENTROIDO 2022

Aquí tedes o álbum de fotos coas imaxes do pasarrúas de hoxe! Graciñas por vir a vernos e agardamos que teñades un bo Entroido!! Vémonos de novo, o xoves 3 de marzo !

 

 

Álbum: Curso 2021/2022 -> Entroido

Admisión de alumnado Curso 22-23

ADMISIÓN DE ALUMNADO

  • Datas: Do 1 ao 21 de marzo de 2022, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro.
  • Vacantes curso 2022-2023 (documento adxunto).
  • Cómpre cumprimentar o anexo II (documento adxunto) e asinar ambos proxenitores a solicitude e a comprobación de datos. Asemade, hai que entregar a fotocopia de libro de familia con todos os membros. De momento, non é preciso aportar o padrón municipal.
  • Para calquera aclaración ou para presentar a solicitude, cómpre pedir cita previa, ou ben a través do correo do centro: ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal ou a través do teléfono 881880447.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut