Skip to Content

Recomendacións lectoras

Como cada ano, aquí tedes as recomendacións lectoras para este verán! Seguide lendo!!!

Portas abertas 2022

Grazas a todas as familias e ao alumnado que estivo onte con nós desfrutando do traballo feito este curso! Foi un pracer!

Álbum: Curso 2021/2022 -> Portas abertas PDI 2022

Xornada Interna de Súper recreos de Pingüi

Aquí tedes as fotos da nosa xornada interna de xogos! Que ben o pasamos!!!!!

Álbum: Curso 2021/2022 -> Xornada Interna PDI 2022

Día de portas abertas - Súper recreos de Pingüi

 21 de Xuño do 2022. Día de portas abertas! 

Horario: 16:30 a 19:30 

VEN A VISITARNOS COA TÚA FAMILIA!

    

Graduación 6º de Educación Primaria

Onte foi un día moi especial. Tivemos a sorte de poder celebrar o acto de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria que, para o curso que vén xa non estará con nós no cole aínda que, ben saben, que sempre terán as portas abertas para vir sempre que queiran!

Agradecer a todas as familias que estivéstedes con nós onte!!!

Esperamos que desfrutedes coas imaxes!!! 

Álbum: Curso 2021/2022 -> Graduación 6º Educación Primaria

Premio do VI Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos

A alumna Icía Mosquera de 5ºB do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral, resultou gañadora (ex aequo) na categoría de Primaria, polo seu traballo "Secuestro por internet", no VI Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos 2022, convocado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Asemade, o CEIP Vicente Otero Valcárcel recibe o recoñecemento especial do certame ao ser o centro que máis traballos presentou, cun total de 13 propostas.

Poden consultar a información na seguinte ligazón:

https://cpeig.gal/fallo-vi-concurso-literario-pd

 

Matrícula NOVO ALUMNADO Curso 2022-2023

Informamos que o prazo para para a matriculación de novo alumnado no centro será do 20 ao 30 de xuño.

 

É imprescindible solicitar cita previa no teléfono 881 880 447.  

 

Teñen adxuntos:

  • Documento de formalización de matrícula.
  • Folla de rexistro coa documentación a entregar.
  • Enquisa para as familias de 4ºEI.
  • Solicitude de transporte e comedor.

Deben presentar a relación de documentos que figura na folla de rexistro coa documentación a entregar:

- Impreso de matrícula correctamente cuberto.

- Solicitude de transporte escolar.

- Solicitude do servizo de comedor coa documentación xustificativa.

- Certificado médico.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

- Fotocopia da cartilla de vacinas.

- 2 fotografías tamaño carné.

- Enquisa (no caso de alumnado de 4º de EI).

Graduación 6º de Educación Infantil

Onte foi un día moi especial. Tivemos a sorte de poder celebrar o acto de graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil que, para o curso que vén, cambia de etapa educativa. 

Agradecer a todas as familias que estivéstedes con nós onte e ao Concello de Carral!

Esperamos que desfrutedes coas imaxes!!! 

Álbum: Curso 2021/2022 -> Graduación 6º Educación Infantil

UN COLE CHEO DE XOGOS!

Despois desta dura pandemia onde tivemos que estar separados e case sen tocarnos o cole vai recuperándose e volve a ter algo de cor. O xogo e o balbordo volven a ser os reis dos patios. Asi quedaron algúns dos xogos que solicitaron os nenos a través do Consello da Infancia: a serpe, os tipis e paus de construción do programa "Aulas Verdes con Corazón", tres en raia, taboleiro de damas, rocódromo, diana... e moitos máis que vos presentaremos nas xornadas de xogo que se están organizando! Grazas á ANPA "Ana Lastra" pola axuda.

 

 

 

 

 

 

XXV PREMIO DE POESÍA DO CONCELLO DE CARRAL

Aquí vos deixamos os fermosos poemas que fixo o alumnado do cole e tamén unhas fotos do acto da recollida do premio do concurso escolar que contou coa actuación de María Lado e Lucía Aldao dentro do ciclo "Elas son artistas". Todos e todas recibiron un pequeno agasallo porque todos e todas son uns poetas. Parabéns aos gañadores!

 

Ecoxogos!

A semana pasada veu Pobo Aventura para desenvolver unha sesión de ecoxogos co alumnado de 2⁰ e 4⁰ EP. Esta actividade está dentro do programa da reserva da biosfera e interrelacionado co noso PDI de xogos !!

 


Solicitude Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 19 de maio ao 22 de xuño.

As solicitudes presentaranse:

-          Preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado ED330B (anexos I e II) dispoñible na aplicación:  https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

-          A través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal.

-          A través do correo electrónico do centro ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal

-          Por medio do alumnado a través do titor/a.

-          No centro pedindo cita previa no teléfono (881880447).

DOCUMENTACIÓN:

-          Anexo I e II debidamente cuberto dispoñibles  en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ , no adxunto a esta publicación ou na conserxaría do centro.

-          Copia do libro de familia que conteña todas as páxinas da unidade familiar (pais e fillos/as).

          OUTRA DOCUMENTACIÓN:

-                -          En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou                    convenio regulador onde conste a custodia do menor.

-          Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

-          Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

-          Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

-          Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

-           Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

 

PRAZOS

CENTRO

ALUMNADO/FAMILIAS

Presentación de solicitudes

 

Ata o 22 de xuño de 2022

Publicación de listaxes provisionais

Antes do 11 de xullo de 2022

 

Reclamación ás listaxes provisionais

 

2 días seguintes á publicación

Publicación das listaxes definitivas

Antes do  22 de xullo de 2022

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut