Equipo TICs

VISITA MELGASAR, PEDRO BRANDARIZ, MONIFATES E CONTOS DE NADAL

Ademais da visita do Apalpador, tivemos outros plans moi especiais.

Por unha parte, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e do Equipo de Biblioteca, organizaronse contacontos de temática navideña (moitos deles, relacionados co Camiño de Santiago!)

Por outro lado o martes (último día de clase antes de vacacións) tivemos varias visitas simultáneas no cole: Monifates, Pedro Brandariz e Melgasar.

Pasade, pasade... mirade que ben o pasamos!

Moi boas vacacións a todos e todas. Coidadevos moito e vémonos á volta, coas pilas cargadas!

Bo Nadal!

 

VISITA DO APALPADOR

Por fin chegou Noiteboa!

Estamos por aquí para contarvos que, nos últimos días de clase, tivemos varias visitas especiais. Queredes velo?

A primeira delas, directo dende a Serra do Courel... chegou o APALPADOR!

FERRAMENTAS VIRTUAIS

AULA VIRTUAL           EVA Edixgal       WEBEX         FALEMOS EDU

Letras Galegas 2021

ESTAMOS DE FESTA!  O luns, 17 de maio, homenaxeamos o noso idioma. 

Para conmemor o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, no CEIP Plurilingüe de Sigüeiro representamos a canción "Meu o mundo é" de Paco Nogueiras.

Esperamos que vos guste!

 

Ademais o alumnado de primaria coa profesora Daisy, decidiu interpretar a peza "Muñeira de Pontesampaio" con palillos. Aquí o resultado: 

SOMOS SAUDABLES!

Rematou a semana dos mandados, na que fixemos todo o q nos ordenou Mecosán.

          

Hoxe cumprimos o último mandado. Os nenos e nenas do CEIP de Sigüeiro somos os alimentos que configuran unha piramide alimenticia moi saudable: cereais, pan, froitas, verduras, peixes, doces... Que fartura!

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Entroido 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, os nenos e nenas de 6º

participaron na Xornada Divulgativa “As ciencias escríbense en feminino”,emitida por streaming e 

organizada polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit.

Quince mulleres relevantes nas disciplinas STEMcompartiron con nós as súas experiencias 

traxectoriase os motivos que as levaron a formarse académica e profesionalmente nas ciencias. 

No evento tamén participaban Vermislab e Ciencia Divertida que nos agasallaron con divertidos experimentos.

Safer Internet Day (Día da Seguridade en Internet)

O segundo martes de febreiro conmemórase o Día da Seguridade en Internet ou Safer Internet Day. O alumnado de 5º e 6º de Primaria, en colaboración cos seus respectivos socios europeos dos proxectos eTwinning "Games With Web 2 Tools" e "L@ngu@ges4all", non quixo deixar pasar a ocasión sen reflexionar sobre os perigos da rede. Por iso, elaboraron esta infografía con 12 recomendacións básicas para navegar seguros por Internet. Compartiron estes consellos prácticos co resto de alumnado e profesorado no taboleiro de anuncios do corredor.

Tamén participaron na edición dun video onde cada centro europeo lembra unha destas medidas de seguridade e, por último, o venres conectáronse por videoconferencia para reflexionar en directo sobre os perigos e ameazas da rede.

 

PFPP ROBÓTICA

O pasado 3 de marzo un grupo de mestres interesados en Robótico tivemos unha clase co mestre Xurxo Cobelas ( un mestre apaixoado pola robótica e as novas tecnoloxías). Foi unha clase moi entretida, xa que aprendemos a construír un semáforo. Non so o construímos senón que conseguimos que funcionase, que tivese son... igual que os que vemos pola rúa, pero en pequeniño. 

Aquí vos deixamos unhas imaxes  e un vídeo:

 

 

Smile and learn

FAMILIAS: A aplicación Smile and Learn (unha das mellores aplicacións educativas de Android e IOS) decidiu dar un mes gratis de todo o seu contido. É unha maneira de traballar na casa de xeito divertido, onde poderedes atopar máis de 1500 actividades bilingües. App recomendada para nenas e nenos de 3 a 12 anos.

Tan só tedes que descargar a aplicación nos vosos dispositivos mobiles ou tablets e solicitar ao voso/a titor/a o nome de usuario e contrasinal, para poder acceder a todo o contido de xeito gratuíto.

WEB:  Smile and Learn

APP SMILE AND LEARN: Android    IOS

Os nosos robots van a... Luar!!!

O pasado venres, 8 dos nosos mBots xunto con cadanseu programador acudiron ao programa Luar da TVG para bailar en directo a "Muiñeira dos Nenos" que nós rebautizamos como a "Muiñeira dos robots" e que se fixo merecedora hai uns días do Selo de Calidade Europeo da plataforma eTwinning.


Tralos ensaios de rigor e a preparación dos robots no camerino, tocou saír ao escenario para a nosa actuación. Gayoso interesouse polo noso proxecto e preguntounos como xurdira a idea e canto tempo nos levou levala a cabo. Despois comezaba a nosa actuación que podedes ver picando sobre o vídeo.

Poder ver como se fai un programa destas dimensións en directo, estar no noso propio camerino ao lado de artistas famosos, os ensaios previos co equipo de realización e rexedores e, sobre todo, o cariño co que nos trataron a alumnado, familias e profesorado... fixo que esta experiencia fose incrible e irrepetible.

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Imos a Luar