Os nosos robots van a... Luar!!!

O pasado venres, 8 dos nosos mBots xunto con cadanseu programador acudiron ao programa Luar da TVG para bailar en directo a "Muiñeira dos Nenos" que nós rebautizamos como a "Muiñeira dos robots" e que se fixo merecedora hai uns días do Selo de Calidade Europeo da plataforma eTwinning.


Tralos ensaios de rigor e a preparación dos robots no camerino, tocou saír ao escenario para a nosa actuación. Gayoso interesouse polo noso proxecto e preguntounos como xurdira a idea e canto tempo nos levou levala a cabo. Despois comezaba a nosa actuación que podedes ver picando sobre o vídeo.

Poder ver como se fai un programa destas dimensións en directo, estar no noso propio camerino ao lado de artistas famosos, os ensaios previos co equipo de realización e rexedores e, sobre todo, o cariño co que nos trataron a alumnado, familias e profesorado... fixo que esta experiencia fose incrible e irrepetible.

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Imos a Luar