O alumnado que vai facer uso do comedor escolar no vindeiro curso, deberá cubrir o documento de autodeclaración cos datos da renda de 2016 (atoparédelo no arquivo adxunto da esquina inferior dereita), e entregalo no colexio o antes posible, en todo caso sempre antes do 11 de setembro. Poderán descargalo, cubrilo e envialo por correo electrónico. Non terá que cumplimentar este impreso o alumnado seguinte:
- O que accede ao comedor a través de Servizos Sociais
- O que estea en situación de acollemento
- O que teña un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%
- O que sexa vítima de violencia de xénero