O noso comedor

COLABORADORAS DISFRAZADAS!

As mamás colaboradoras do comedor quixeron participar no ENTROIDO e sorprendéronnos co seu disfraz. Parabéns polo seu traballo e humor!

RICO!

Procuramos que os pratos que elaboramos na cociña do colexio estean feitos con productos frescos e da zona. Queremos que o alumnado coma e adquira hábitos saudables.

 

  

 

  

 

 

DA HORTA Á COCIÑA

Hoxe parte do noso alumnado estivo no invernadoiro recollendo productos que foron directamente ao comedor do cole. Todo ecolóxico e moi saúdable. Que pintaza! 

DA HORTA AO COMEDOR

Este xoves, os nenos e nenas de 6º, fomos a horta para ver como medran as nosas nabizas, aínda temos que esperar un pouco para recoller.

                                                                                                   

 

No invernadoiro si que puidemos recoller tomates e acelgas que levamos para o comedor

         

ADEUS PEPE!

Déixanos o noso querido cociñeiro Pepe. Estamos tristes pola despedida. Pepe ténnos o todos gañados; compañeiros de cociña, persoal colaborador, alumnado, profesorado...

PEPE É UN BO COCIÑEIRO, PERO UNHA EXTRAORDINARIA PERSOA. DESDE O CEIP PLURILINGÜE DE SIGÜEIRO DESEXÁMOSCHE BO CAMIÑO!

  

  

  

40 ANOS NO COLE!!!

Hoxe, día 4 de febreiro fai nada máis e nada menos que 40 anos que está traballando no colexio a cociñeira Isabel. E aínda lle queda moito tempo con nós! Gracias polo teu traballo.

 

 

  

AVISO ALUMNADO DE COMEDOR

alumnado que vai facer uso do comedor escolar no vindeiro curso 2021/2022, deberá cubrir o documento de autodeclaración cos datos da renda de 2020 e enviar por correo electrónico a ceip.sigueiro@edu.xunta.gal ou entregar no centro.

Descargar autodeclaración

 

PREVISIÓN DE COMEDOR PARA O CURSO 21/22 (ALUMNADO NON TRANSPORTADO)

Estimadas familias, se vostedes están interesados no servizo de comedor para o vindeiro curso, deberannos entregar no despacho de administración, ata o 15 de xuño, o seguinte documento cuberto, así como a seguinte documentación acreditativa dalgunha das seguintes circunstancias de ser o caso:

 -    Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%  (certificado de servizos sociais)

HOXE TOCA ... TORTILLA!

Hoxe no menú .... TORTILLA! Feita na nosa cociña, un dos nosos pratos favoritos. Hmmm ricaaa... Grazas persoal da cociña.