Animación á lectura

RECOMENDACIÓNS LECTORAS LETRAS GALEGAS

 

Estas son as recomendacións lectoras para o Día das Letras Galegas.

 

 

2º SESIÓN DE TEATRO SOLIDARIO PARA AS FAMILIAS

 

Hoxe, dentro das actividades organizadas para a celebración das Letras Galegas, os alumnos do Club de Teatro de 2º A e B, representaron diante das súas familias dúas obras "A pelexa das cores" e "A bruxa Regañadentes". O evento tivo lugar no salón de actos do colexio e ten un fin solidario recaudar alimentos non perecedeiros para o Banco de Alimentos de Santiago(Balrial). Estes pequenos actores e atrices mostraron a súa paixón e talento nas obras que prepararon con esmero, nos recreos, ao longo do curso. Foron merecedores dos aplausos das súas familias, compañeiros e profesorado. Arte e solidaridade da man para axudar aos que máis o precisan. Ao mesmo tempo a Biblioteca segue co seu mercadiño solidario de libros, un libro un alimento.

 


 

TEATRO SOLIDARIO PARA AS FAMILIAS E MERCADIÑO DE LIBROS

No mes das nosas Letras, o alumnado do obradoiro de teatro vainos agasallar coa representación das obras que estiveron a preparar durante o curso.  Serán tres martes, con dúas sesións de diferentes grupos por día. O obxectivo, ademais de mostrar ás familias o noso modesto traballo, é solidario. Pedímoslle ás familias que nos traian un alimento para doar ao Banco de Alimentos para a xente necesitada. Ao mesmo tempo dende a Biblioteca promovemos un Mercado Solidario coa mesma finalidade. Quen o desexe poderá levar un libro a cambio dun alimento. 

Comezamos.... PRIMEIRAS SESIÓNS: 3º e 4º. GRAZAS POR VIR VERNOS!

  

  

 

    

    

VISITA DE BERTA DÁVILA

 

O luns o alumnado de 6º tivo unha visita especial! Cando chegaron ao salón de actos estaba Berta Dávila, autora de "Demetrio Demoscopio perdeu a chispa" esperando para falar con eles do libro, de como e cando comezou a escribir, dos seus libros... O máis importante foi que descubrimos que é a chispa, que é algo diferente para cada un de nós, iso que nos fai emocionar. O encontro rematou coa firma de libros. Esperamos volver a verte pronto cunha nova aventura. 

  

  

CLUB DE LECTURA "INVISIBLE"

 

Primeira e segunda sesión de "Invisible " de Eloy Moreno, un libro co que o tempo pasa voando. Na próxima publicación ensinarémosvos os gardiáns e superheroes que estamos a facer.

 

 

  

MENSAXE DE PAULA CARBALLEIRA

 

No club de lectura, como todos sabedes, estivemos lendo Pan con chocolate de Paula Carballeira. Cando o estabamos

rematando ocurréusenos poñernos  en contacto con ela para contarlle que nos gustou moito o libro, tanto como a

merenda de pan con chocolate,  que xogamos a inventar binomios, tal e como facía Gianni.  E ela enviounos este vídeo con

moito agarimo.

Moitas grazas Paula, esperamos que nos visites pronto.