Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« xoves Setembro 10, 2020 »
Xov
Start: 10/09/2020 09:45

O CURSO ESCOLAR 2020/2021 DARÁ COMEZO O DÍA 10 DE SETEMBRO, PARA O ALUMNADO DE 4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 e 4 ANOS) E PARA O ALUMNADO DE 1º,2º E 3º DE PRIMARIA. 

Lembra:

Horas de entrada:

*Durante o período de adaptación, o alumnado de 3 e 4 anos deberá seguir o horario indicado polas titoras tanto para as entradas como para as saídas.

  • 9:30: Alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria non transportado.
  • 9:40: Alumnado de transporte. Mantense o horario habitual nas paradas.  
  • 9:50: Alumnado de Infantil 3 e 4 anos non transportado.

-  Horas de saída:

  • 14:30: Infantil 3 anos e 1º Primaria.
  • 14:35: Infantil 4 anos e 2º Primaria.
  • 14:45: 3º Primaria.

Saída do comedor:

  • 15:00: Alumnado de Infantil non transportado.
  • 15:30-15:40: Alumnado transportado. Chegada ás paradas no horario habitual.
  • 15:45: Alumnado de Primaria non transportado.

- Só 1 persoa poderá acompañar ao alumnado de 3 e 4 anos na entrada (tamén ao de 1º durante o mes de setembro) e na recollida do alumnado á hora de saída.

- Desprazamentos seguindo as frechas e mantendo a distancia de seguridade.

- Uso obrigatorio de máscara (en Infantil é recomendable).

- Compromiso de non enviar ao colexio alumnado con sintomatoloxía compatible coa COVID.