Saltar navegación.
Inicio

A ventá do San Vicenzo

Páxina de probas diversas.

20 DE NOVEMBRO O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA- ALUMANDO 1º B

O alumnado de 1º B tamén conmemorou o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA, aquí tedes unha pequena mostra:

 

 

MURAL UNIVERSAL DÍA DA INFANCIA

O día 20 de Novembro conmemoramos o Día Mundial da Infancia, aquí unha pequena mostra da aportación de cada aula para o noso mural:

 

20 DE NOVEMBRO-DEREITOS DA INFANCIA

O alumnado de 1º A traballou así os Dereitos da Infancia para conmemorar o 20 de Novembro:

(prema na imaxe)

LECTURAS CON VALORES 1º DE PRIMARIA

O alumnado de 1º de primaria animouse a explicar as lecturas con valores dos contiños que máis lles gustaron, velaquí a primeira mostra no seguinte vídeo:

(Preme na imaxe)

 

 

 

MAGOSTO E SAMAÍN 2020 NO SAN VICENZO DE VIMIANZO

Hai anos, o 1 de novembro, tras a noite de Samaín, as avoas e nais cosían colares ou pulseiras de zonchos para os máis pequenos da casa.

Algúns historiadores afirman que se facían coa crenza de que cada castaña comida era un alma salvada e outros opinan que se facían como amuleto para protexer aos nenos dos malos espíritos.

Este ano rescatamos esta vella tradición para que non quede no esquecemento e para ter unha boa oportunidade para comer un puñado de saborosas castañas. Para ver o resultado accede o seguinte vídeo:

EDLG

 

 

VÍDEOS DE 2º DE PRIMARIA

 CORONAVIRUS NON É UN PRÍNCIPE NIN UNHA PRINCESA

Como consecuencia desta anómala situación vivida tamén polos máis pequenos e pequenas, o alumnado de  2º A,  nesta última quincena do curso,  traballou a Lingua Castelá no proxecto “Todos somos  actores e actrices”,   preparando un  pequeno conto no que a protagonista explica como viviu esta pandemia  na súa familia e recórdanos as medidadas de hixiene que non debemos esquecer. 

Grazas a todas as familias pola súa colaboración!

 

A NOSA LINGUA, AS NOSAS TRADICIÓNS

"O alumnado de 2ºB de E. P. celebra ter unha lingua propia, por iso nos adicamos a gravar refráns,descripcións, ditos populares e fermosas palabras en galego, recollidas nun recuncho, nun monumento ou nunha paisaxe do noso Concello de Vimianzo".

 

RULETA DE PALABRAS - ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O alumnado de 6º de primaria utilizou unha forma orixinal e motivadora de aprender e repasar os contidos de distintas materias.

Anímaste a ver canto sabes ti? Pincha nas imaxes e ponte a proba!!

 

           

 

 

           

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 - ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 4º de primaria tamén fixeron os seus traballiños de investigacion sobre Ricardo Carvalho Calero,autor conmemorado nas Letras Galegas 2020. Botádelle un ollo ao ben que o fixeron pinchando na imaxe!!

RULETA DE PALABRAS "LETRAS GALEGAS 2020"

 

 As Letras Galegas 2020 están adicadas a Ricardo Carvalho Calero.  Divírtete demostrando canto sabes do autor!

 

RULETA DE PALABRAS: RICARDO CARVALHO CALERO (dificultade medio-alta)

Letras Galegas 2020

(pincha na ruleta)

 

Elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega

 

RULETA DE PALABRAS: RICARDO CARVALHO CALER (dificultade medio-baixa)

Letras Galegas 2020

(pincha na ruleta)

 Elaborada polo Eqipo de  Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Educación Infantil

 

 

SOMOS CREATIVOS!- Educación Infantil

Os nenos, nenas e mestras de Educación Infantil divertímosnos deixando voar a nosa imaxinación para representar cadros famosos.

Aquí tedes o resultado!

 

 

Distribuir contido