Saltar navegación.
Inicio

A ventá do San Vicenzo

Páxina de probas diversas.

VISITA Á DOMUS CO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O pasado 24 de Maio o alumnado de sexto de primaria tivo a oportunidade de realizar unha visita ao museo DOMUS da Coruña.

Dentro da visita o protagonismo centrouno un taller de circuítos onde puideron experimentar con múltiples elementos dun circuíto eléctrico e resolver os problemas que se lle plantexaban. Tamén realizouse unha visita polas tres exposicións do museo:

  • A primeira dedicada ao xenoma humana, onde puideron coñecer os segredos que oculta o noso ADN e como os nosos hábitos afectan a nosa saúde.
  • A segunda adicada as intelixencias múltiples de Howard Gardner.
  • A terceira adicada a evolución da especie humana e a responsabilidade que temos como especie dominante sobre o planeta.

     

FIN DE CURSO: ULTIMAS SESIÓNS DE CONTACONTOS

 

 

O alumnado participou nas últmas sesións de contacontos e do Clube de Lectura ao longo do mes de maio:

 

      

AGRADECEMENTO POLAS DONACIÓNS SAVE THE CHILDREN

Dende Save the Children agradecen a toda a Comunidade Educativa a solidaridade mostrada na  campaña programas contra a desnutrición infantil dos nenos e nenas do Corno de África. Este ano a donación foi de 1005 Euros, tal como se indica no certificado de agradecemento recibido dende Save the Children.

Gracias a todos pola súa colaboración!

  

BIBLIOTECA: LECTURAS E ACTIVIDADES NO MES DE MARZO

Estes son algúns dos nenos e nenas que participaron nas actividades de Biblioteca no mes de Marzo:

            

 

 

 

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E O SEU ENTORNO

Como nos últimos anos, o alumnado de 6º de primaria participou, da man da Garda Civil nas charlas formativas para a mellora da convivencia e seguridade, este ano enfocadas a previr os riscos que ten a Internet e as redes sociais:

SESIÓNS DE PRIMEIROS AUXILIOS NO SAN VICENZO

Esta semana todo ao alumnado do centro recibiu unha pequena formación en Primeiros Auxilios para saber como se debe actuar nunha situación de emerxencia  ante un accidente ou enfermidade repentina.

Moitísimas gracias aos Técnicos de Emerxencias Sanitarias pola súa colaboración e por facelo posible!

     

ANIMACIÓN DE SANTILLANA: "SUPERZORRO"

 

O 16 de marzo tivemos para o alumnado de 3º e 4º de primaria unha animación de Santillana sobre o título "Superzorro":

SEMANA DA PRENSA: BUZÓN DAS BOAS NOVAS!

 

Aquí temos unha pequena mostra dos traballiños que fixemos no centro ao longo da Semana da Prensa :

8 DE MARZO: "MULLER,PODES SER O QUE QUEIRAS SER"

Baixo o lema " Muller, podes ser o que queiras ser", con motivo da conmemoración do día 8 de Marzo,  ao longo da semana pasaron polo CEIP Plurilingüe San Vicenzo mulleres de diferentes profesións para mostrar a figura da muller en distintos ámbitos laborais.

Moitísimas gracias a todas as que colaborastes!

Foi un orgullo contar con vos!

Distribuir contido