Saltar navegación.
Inicio

A ventá do San Vicenzo

Páxina de probas diversas.

Concurso Contos de Nadal : Noraboa Sara Roget Martínez

Noraboa a nosa alumna ,Sara Roget Martínez, por ter acadado o 6° posto no 17° certame de Contos de Nadal convocado pola Voz de Galicia e Radio Voz, no que participou  alumnado de 4° curso de primaria do CEIP San Vicenzo.

Sara gañou o 6° posto coa súa obra "Ledicias de Nadal", de entre os 184 relatos que presentaron ao concurso distintos centros educativos da Costa da Morte.

Un gran posto Sara,noraboa!!!

 

 

UN LIBRO POLO NADAL

Que mellor agasallo que un Libro polo Nadal!

 

DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS- 10 DE DECEMBRO

Mural elaborado polo todo alumnado do centro para conmemorar o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

 

"TODA PERSOA TEN DEREITO Á EDUCACIÓN"

 

      

 

25 N- Déixaa que Baile!

O 25 de Novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero baixo o lema "DÉIXAA QUE BAILE!!". Todas as clases participaron na creación do Lazo Xigante con collage de fotos dos nenos,  aprenderon a canción "Déjala que Baile" e elaboraron os seus zapatos morados con menxases para o agresor, que deixamos no cole a modo de exposición.

Se queredes ver como quedaron, poñede un ollo ao seguinte vídeo!

(Preme na Imaxe para acceder ao vídeo)

APRENDENDO CON BALÚ - ASOCIACIÓN ALOUMIÑOS E CADELAR - INTERVENCIÓNS ASISTIDAS CON ANIMAIS

Onte tivemos no colexio unha visita moi especial da man da asociación Aloumiños en colaboración con Cadelar, intervencións asistidas con animais. O alumnado de 5 anos realizou un taller para traballar a tenencia responsable  de animais e gozaron coa visita da súa mascota Balú.

Canto nos gustou!

 

CLUB DE LECTURA 4º DE PRIMARIA - EL SUPERZORRO

 

 

 

O noso alumnado de 4º de primaria expón no Club de Lectura a súa opinión e resumo do conto El Superzorro:

 


NON A VIOLENCIA DE XÉNERO- POR MARÍA PARDIÑÁS- 4º DE PRIMARIA

A alumna de 4º de primaria María Pardiñas elaborou unha pequena presentación para conmemorar o Día 25 de Novembro Contra a Violencia de Xénero,

preme na imaxe para poder descagala:

Noraboa polo traballo, María!!

A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES- 25 DE NOVEMBRO "NON A VIOLENCIA DE XÉNERO"- ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA

O alumnado de 4º de primaria traballou " A Historia dos Bonobos con Lentes" para conmemorar o día do 25 DE NOVEMBRO, no seguinte vídeo podedes ver o resultado do seu estupendo traballo:

20 DE NOVEMBRO O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA- ALUMANDO 1º B

O alumnado de 1º B tamén conmemorou o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA, aquí tedes unha pequena mostra:

 

 

Distribuir contido