Skip to Content

TAREFAS PRIMEIRA QUINCENA MAIO

O domingo 17 celebramos o Día das Letras Galegas. Como anos anteriores imos publicar a nosa revista "O Outeiriño". Esta vez colgarémola na página web do cole. Pero, para iso, recordade que precisamos que colaboredes mandando traballos en galego: contos, poemas, pasatempos... todo o que se vos ocorra en galego e seguindo ás instruccións dos vosos titores. Faremos unha selección para a súa publicación. Tamén para a portada esperamos os vosos debuxos de Ricardo Carvalho Calero. ANIMÁDEOS!

Ante calquera dúbida, podedes comunicar có centro no correo electrónico ceip.sagrada.familia@edu.xunta.es Se tedes dúbidas coas tarefas de inglés de 3º e 4º podedes contactar coa profesora neste enderezo english.homework.maria@gmail.com 

Saúdos.

          Contacto para tarefas e dúbidas de relixión católica religioncatolicacristina@gmail.com

 

QUEDAMOS NA CASA. COVID19

Álbum: Curso 2019/2020 -> Quedo na casa. COVID19

Xa queda menos! Prema no álbum  para ver como pasan a corentena estes nenos. Máis detalles na galería.

 Podedes enviar unha foto a este correo electrónico oscativosdeconchi@gmail.com

 

 Grazas por compartir.

 

COIDADO DO BENESTAR EMOCIONAL DO ALUMNO. DOCUMENTO DO E.O.E.

O Equipo de Orientación Específico de A Coruña, quere seguir acompañando na tarefa de atender as necesidades da comunidade educativa, nestes tempos tan incertos, remitindo un documento para realizar o acompañamento no coidado do benestar emocional do alumnado, tal como se nos pide nas Orientacións da Consellería. 

Accede ao documento

DIA DO LIBRO

23 DE ABRIL  DÍA DO LIBRO

VISITADE Ó NOSO BLOGUE "BIBLIOTECA DE MARUXA". HAI NOVIDADES

TAREFAS SEGUNDA QUINCENA ABRIL

Debido á prolongación do estado de alarma e tendo en conta as instrucións da Consellería de Educación do 17 de abril, cólganse as actividades para os próximos quince días. 

Ante calquera dúbida, podedes comunicar có centro no correoelectrónico ceip.sagrada.familia@edu.xunta.es Se tedes dúbidas coas tarefas de inglés de 3º e 4º podedes contactar coa profesora neste enderezo english.homework.maria@gmail.com ; As tarefas de inglés de 5º e 6º pódense enviar ao seguinte correo garciavazquezmariablanca@gmail.com

Queremos propoñervos que os nenos compartades cos vosos compañeiros, coas familias e cós profesores como estades na casa. Podedes enviar unha foto a este correo electrónico oscativosdeconchi@gmail.com. Estas fotos estarán na galería de imaxes e nun albúm na páxina principal.

Saúdos.

          Contacto para tarefas e dúbidas de relixión católica religioncatolicacristina@gmail.com

 

2 DE ABRIL DIA MUNDIAL DO AUTISMO

Para conmemorar O día do Autismo, o Departamento de orientación quere achegar esta información que considera interesante para os alumnos e familias do colexio. Descargar documento

 Pola súa banda o EDLG informa das súas novidades no seu apartado desta páxina.

NOVA INFORMACIÓN E TAREFAS 30 DE MARZO

Ben prezadas familias:

O venres 3 de abril ás 16:00 horas publicaranse as notas de xeito telemático. Para a súa consulta é necesario que vos descarguedes no móbil a aplicación Abalar móbil para as familias

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsagradafamilia/abalarmobil

Debaixo do logo do AMPA, tedes o logo do Abalar, premendo sobre él ou aquí accederedes aos tutoriais.

Tendo en conta  a situación excepcional na que nos atopamos, e seguindo as instrucións da Consellería, a segunda avaliación realizarase coas probas e datos dos que dispoñían os mestres ao interrumpirse o curso. 

Suprímese a proba de diagnóstico de terceiro de primaria. Tamén suspéndese a celebración do Dia da Ciencia, na que íamos participar por primeira vez.

Ante calquera dúbida, podedes comunicar có centro no correo electrónico ceip.sagrada.familia@edu.xunta.es ou coa Aplicación AbalarMóbil. 

En canto á terceira avaliación esperamos instrucións da Consellería.

Informávovos que o pasado luns 23 de marzo, deu comezo a proposta de lecer on-liña "Xaque ao virus" que levan a cabo os educadores dos Programas de Lecer  da Federación Provincial de ANPAs. O Xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos. Accede a toda a información no blogue do Anpa.

Por outro lado, ante a imposibilidade de facer os itinerarios do Servicio Municipal de Educación, éste invítanos a facelos de xeito virtual no blogue ITINERARIOS VIRTUAIS  

Adxuntamos as novas tarefas. Tede en conta que aqueles exercicios que sean de escribir pódense imprimir ou facelos na libreta.

 

 

 

 

AINDA QUE NON ESTEAMOS XUNTOS...

Ola nenos!

Todo o persoal do colexio botámoos moito de menos pero é necesario que quedemos na casa.  Mandámosvos unha mensaxe de ánimo que queremos que reflicte todo o cariño e admiración que sentimos por vós. Todo isto pasará e cando sexa así, sentirémonos máis unidos.

Como sabedes, por estas datas estaríamos decorando os corredores e as aulas con carteis e debuxos da primavera. Invitámosvos a decorar as vosas ventás con debuxos sobre ela.

Seguide atentos á paxina web para seguir informados. Este luns 30 de marzo haberá máis tarefas dos vosos mestres.

Ata pronto!

 

 

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES ESCOLARES E EXTRAESCOLARES

Seguindo as instruccións da Consellería de Educación, referentes as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación co covid-19, suspéndense as actividades lectivas no centro dende o 16 ata o 29 de marzo.

Dacordo as novas instruccións en relación co COVID-19, a titorización e atención ao alumnado será por medios non presenciais. Toda a información proveninte do centro ou instruccións que dicte a Consellería serán comunicadas a través desta páxina web do centro.

As actividades programadas para cada nivel publicaranse na páxina web o luns 16 de marzo a partires das 11 da mañá. 

Polo que ao proceso de admisión se refire, amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

No seguinte acceso pódese consultar as recomendacións da Consellería de Sanidad en relación có coronavirus.

Distribuir contido


by Dr. Radut