Dende o EDLG transmitimosvos diferentes informacións que consideramos poden ser de voso interese:
O SXPL, coa colaboración da CRTVG, ofrece unhas actividades lúdicas especialmente dirixidas ao alumnado máis novo. Trátase das curtas de animación do Programa Nós tamén creamos! que podedes atopar na aplicación do Xabarín Club e en "Nós tamén creamos 2019"
Tamén cómpre destacar Aulas Galegas, un portal educativo no que un grupo de docentes pon á disposición de toda a comunidade escolar recursos didácticos e de lecer da maioría das materias curriculares, todos en galego. Podedes consultalos premendo nesta ligazón
Por outra banda, a organización do certame Olloboi 2020 acaba de convocar unha nova categoría, Olloboi COVIDeo Doméstico, á que poderán presentarse vídeos gravados desde os fogares. O curso Aprendo con Olloboi pode ser de moita axuda para realizar este traballo. Atoparedes máis información en https://www.olloboi.com/olloboi-codvideo/. Bases do concurso no adxunto e neste enlace
O dia 16 de maio festexamos o Dia das letras galegas no pavillón.
Alumnos de 6º, fixeron de perfectos anfitrións lendo a biografía de Mª Victoria Moreno e entregando os libros a cada clase por participar no periódico e aos gañadores do concurso do mesmo.
Remataron os alumnos de 3º A, que dun xeito abraiante, narraron a historia da lingua galega.
O Día das Letras Galegas xuntámonos todos os rapaces no pavillón. Houbo baile galego, lectura de poemas de Xosé Mª Castro e a entrega dos premios do concurso literario.
Co motivo do DÍA DO LIBRO 2013, o Equipo de dinamización da Biblioteca organizou unhas sesións de contacontos na Biblioteca e unha exposición de carteis elaborados por todas as aulas animando á lectura. Tamén nenas de 6º de Primaria, Carolina e Zoe, foron as aulas de Educación infantil a contarlles o conto de Hansel e Gretel.
A revista escolar e a decoración dos corredores son unha pequena mostra da tarefa do equipo de dinamización lingüística do centro. Asemade como a biblioteca escolar e a participación en celebracións e conmemoracións en coordinación cos seus respectivos equipos de coordinación.