O CEIP Sagrada Familia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, sérvese de abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos e fillas a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos ou fillas a través destes dispositivos.
Acceder aos datos persoais.As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
- Consultar as cualificacións.
- Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
- Consultar as faltas de conduta.
- Solicitar unha cita de titoría.
- Consultar os datos do centro educativo
- Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
- Consultar as incidencias creadas polo profesorado
Video explicativo para a súa instalación e vídeo explicativo das súas funcionalidades