Skip to Content

Actividades,saídas e celebracións

CINEMA NA ESCOLA. CONCURSO DE CORTOS

O alumnado de 6º participa no Concurso organizado polo concello,"Cinema na escola" co curto "A substituta"

Non te esquezas de darlle ao "Me gusta" (cantos máis teñamos, máis opcións temos de gañar premios) 

COMPARTE COS FAMILIARES E AMIGOS! 

PATIOS INCLUSIVOS

O alumnado de 1º de E.P. coa colaboración de varios nenos e nenas de 6º comezaron cos xogos de recreo inclusivos. Estes terán lugar os venres e irán rotando tódolos grupos.

CASA MUSEO PICASSO

O alumnado de 4º fomos de visita a dous lugares fundamentais na nenez de Picasso: á casa  familiar e ao IES Eusebio da Guarda.

ESCRITORES NA BIBLIOTECA

Estes días poidemos coñecer os autores e autoras dos libros que estamos a ler no Plan lector. Contáronnos moitas cousas sobre como escribiron as historias e ademáis asináronnos os libros.

O MECO MANDA

COMEZA O ENTROIDO!

O meco manda, o meco ordena e se non o cumpres pagarás condena. Se ao meco non queres angustiar, o luns algo na cabeza tes que levar.  O martes traerás no pescozo algo quente. O mércores todos temos que vir cos pés quentiños e con cadanseu calcetín, pero por riba do pantalón terán que vir. O xoves traerás todo xunto.   

O 30 de xaneiro, Dia escolar da paz e non violencia, todo o colexio disfrutamos da actuación "Canto contigo" de Paco Nogueiras no pavillón. Todos xuntos cantamos a canción "Apertas que voan".

   

MERCADILLO NAVIDEÑO

"Invitamos a toda a comunidade escolar do noso centro a visitar o mercadillo navideño que terá lugar o día 15 de decembro de 17:00 a 19:00 no patio cuberto do noso centro. ENTRADA GRATUÍTA
Toda a información no blogue do ANPA 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut