Skip to Content

Actividades,saídas e celebracións

CONCERTO "EL VIAJE DE WALT"

Álbum: Curso 2021/2022 -> Concierto " El viaje de Walt"

Todos o alumnado de 3º ata 6º de E.P. disfrutamos moitísimo có concerto "El viaje de Walt" no Palacio da Ópera.

"ESPERTANDO OS SENTIDOS"

Álbum: Curso 2021/2022 -> 3 anos no Santa Margarita

Os nenos e nenas de 3 anos disfrutamos moito có itinerario de educación ambiental do concello "Espertando os sentidos" no parque Santa Margarita.

 

ENTROIDO 2022 "UNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO DOS CONTOS"

Aquí temos o vídeo da festa de Entroido deste ano. Tedes que perdoar o retraso pero foi complicado podelo compartir.

Antes de nada agradecer a toda comunidade educativa a súa colaboración e en especial ao profe Rafa por facer esta montaxe e ao noso amigo Borja Seoane por facer as fotos có dron.

Para poder velo prema sobre a imaxe.

XUNTOS POR UCRAÍNA

 Toda a  comunidade educativa do cole preparou unha campaña de recollida de alimentos, produtos sanitarios e efectivo para, unidos ao Banco de alimentos de A Coruña, apoiar a todas as persoas que  están pasándoo tan mal como consecuencia da guerra en Ucraína.

Entre todos xuntamos 310 K/L y 622 euros. Pincha para ver o vídeo resumo

Ademais o Judo Clube Coruña, uniuse á causa impartindo un curso de defensa persoal para familias e profes, aportando a totalidade da recaudación das inscricións cun total de 130 euros.

A clase foi un éxito, tal como pódese apreciar nestes dous vídeos

                        

  Todas as imaxes están na galería

EDUCACIÓN VIAL COA POLICÍA LOCAL

Álbum: Curso 2021/2022 -> Educación vial

Estes días uns axentes da Policía Local ensináronnos as normas de Educación vial aos alumnos de Educación infantil, 1° e 2° de Educación primaria: a importancia do cinto de seguridade,  como cruzar polo paso de peóns, o semáforo...

Aprendimos moítisimo.

NADAL 2021

Álbum: Curso 2021/2022 -> Nadal

Esperamos que todos pasedes un bó Nadal. Vémonos o 10 de xaneiro!

Non podemos deixar de agradecer as nais da ANPA que encheran o colexio de ilusión decorando os corredores e o patio asi como as xestións que fixeron para que os Reis Magos nos visitaran e  recolleran as cartas de os nenos de infantil e de 1º ata 4º de primaria.

Éstas son as felicitacións gañadoras do concurso; norabóa a Martina de 4ºB e Mía Paz de 6º A de infantil

Ademáis terceiro e cuarto de E.P. celebraron unha carreira San Silvestre na que disfrutaron moitísimo.Prema aqui para ver as fotos desta carreira

TEATRO NO FORUM

Álbum: Curso 2021/2022 -> Teatro "As Cotton"

O venres 26 de novembro os alumnos de 3º, 4º e 5º de E. Primaria acudiron ao Forum Metropolitano para ver a obra de teatro "Os Coton".

Desfrutamos moitísimo. Prema sobre o albúm para ver as fotos.

CRONOLOXIA DA NOSA BIBLIOTECA

Xa todos os nenos e nenas xunto cos seus titores coñeceron a nova biblioteca. Parece que sempre estivo ahí, pero non, hai un gran traballo e esforzo detrás, que xunto coa ilusión de emprender un novo proxecto fixo realidade un sono.

Nesta presentación móstrase todo o proceso dende o seu inicio ata hoxe. Este proceso continua, acompáñasnos?

 

 

SAMAÍN

Vaia semaniña de Samaín!

     

Nada máis entrar no colexio veíase unha decoración que arrepiaba: teas de araña, bruxas, esqueletos, cabazas, pantasmas... grazas a colaboración das nais do ANPA que decoraron a entrada e o patio, aos nenos que trouxeron cabazas decoradas da casa e aos profes e alumnos que decoraron os corredores e aulas. E para rematar a semana, o venres o cole encheuse de nenos con disfraces do Samaín.

Os nenos de 4º C, participaron nas actividades de Samaín organizadas polo concello para a promoción do comercio local. Primeiro tiveron un obradoiro de elaboración de disfaces na aula e, outro día, todos disfrazados de esqueletos percorreron a rúa Barcelona bailando e parando en distintos establecementos cantando:                                                        "¡Queremos chuches, queremos castañas.                                                                                                                     E se non nolas das....Comeresmosche as entrañas......!!

                                            

Podedes ver todas as imaxes na galería de fotos 

Ademáis, o pasado 25 de outubro coincidindo co día das bibliotecas, inagurouse a biblioteca do colexio, a biblioteca de Maruxa. E como coincidía coa semana de Samaín houbo sesións de contacontos con esta temática. Todos os nenos puideron disfrutar do novo espazo da biblioteca grazas ao gran traballo das profesoras do equipo da biblioteca que clasificaron e colocaron todos os libros nos andeis e grazas tamén ás nais tan artistas que hai no cole, que decoraron a parede cunha lareira, o lugar favorito da bruxa Maruxa.

Sigue o blogue da biblioteca  e o Instagram a biblioteca da Maruxa para saber todas as novidades.

ENKI NA SAGRADA

Este venres, 22 de outubro, disfrutamos no cole dunha xornada moi especial. Toda a comunidade educativa participou na carreira ENKI 2021 pola inclusióne a visibilización da diversidade funcional.

Grazas a Estrella Galicia, Jardanay (empresa que xestiona o comedor) e Verduras frescas pola súa colaboración para o avituallamento.

Grazas a Cruz Vermella, Policía Local, Policía Nacional e Bombeiros por vir con tanta ilusión a axudarnos.

Aprendimos moito e pasámolo fenomenal!

Nos seguintes vídeos podedes ver a preparación da carreira Enki, o video "oficial", para o concurso e un video para agradecer ás nais a súa axuda e implicación no desenvolvemento desta actividade.

Podedes escoitar tamén o audio coa intervención da profesora Natuska, promotora desta inciativa, na cadena Ser e ver todas as fotos na galería de imaxes.

VIDEO "PREPARATIVOS"

VIDEO OFICIAL

 VIDEO DE AGRADECEMENTO AOS PAIS E NAIS QUE TANTO COLABORARON

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut