Skip to Content

Actividades,saídas e celebracións

2 DE ABRIL DIA MUNDIAL DO AUTISMO

Para conmemorar O día do Autismo, o Departamento de orientación quere achegar esta información que considera interesante para os alumnos e familias do colexio. Descargar documento

 Pola súa banda o EDLG informa das súas novidades no seu apartado desta páxina.

NOVA INFORMACIÓN E TAREFAS 30 DE MARZO

Ben prezadas familias:

O venres 3 de abril ás 16:00 horas publicaranse as notas de xeito telemático. Para a súa consulta é necesario que vos descarguedes no móbil a aplicación Abalar móbil para as familias

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsagradafamilia/abalarmobil

Debaixo do logo do AMPA, tedes o logo do Abalar, premendo sobre él ou aquí accederedes aos tutoriais.

Tendo en conta  a situación excepcional na que nos atopamos, e seguindo as instrucións da Consellería, a segunda avaliación realizarase coas probas e datos dos que dispoñían os mestres ao interrumpirse o curso. 

Suprímese a proba de diagnóstico de terceiro de primaria. Tamén suspéndese a celebración do Dia da Ciencia, na que íamos participar por primeira vez.

Ante calquera dúbida, podedes comunicar có centro no correo electrónico ceip.sagrada.familia@edu.xunta.es ou coa Aplicación AbalarMóbil. 

En canto á terceira avaliación esperamos instrucións da Consellería.

Informávovos que o pasado luns 23 de marzo, deu comezo a proposta de lecer on-liña "Xaque ao virus" que levan a cabo os educadores dos Programas de Lecer  da Federación Provincial de ANPAs. O Xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos. Accede a toda a información no blogue do Anpa.

Por outro lado, ante a imposibilidade de facer os itinerarios do Servicio Municipal de Educación, éste invítanos a facelos de xeito virtual no blogue ITINERARIOS VIRTUAIS  

Adxuntamos as novas tarefas. Tede en conta que aqueles exercicios que sean de escribir pódense imprimir ou facelos na libreta.

 

 

 

 

AINDA QUE NON ESTEAMOS XUNTOS...

Ola nenos!

Todo o persoal do colexio botámoos moito de menos pero é necesario que quedemos na casa.  Mandámosvos unha mensaxe de ánimo que queremos que reflicte todo o cariño e admiración que sentimos por vós. Todo isto pasará e cando sexa así, sentirémonos máis unidos.

Como sabedes, por estas datas estaríamos decorando os corredores e as aulas con carteis e debuxos da primavera. Invitámosvos a decorar as vosas ventás con debuxos sobre ela.

Seguide atentos á paxina web para seguir informados. Este luns 30 de marzo haberá máis tarefas dos vosos mestres.

Ata pronto!

 

 

MULLERES GALEGAS DEPORTISTAS. CHARLAS DE TANIA PREGO

Álbum: Curso 2019/2020 -> Taekwondo con Tania

A semana do 9 de Marzo e co motivo da celebración do día da muller traballadora, tivemos a sorte de gozar das charlas a todos os cursos que deu a deportista e campiona de taekwondo Tania Prego, nai de Aldara e Erea de infantil, que ademais foi alumna do noso centro.

Escoitándoa os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer de preto como é a vida dunha muller deportista de élite dende a súa infancia. Tania explicounos como entrou neste mundo, os seus logros, sacrificios e en xeral a súa experiencia como deportista de élite, transmitindo os bós valores que a ela lle achegou esta profesión e dando unha visión moi clara e próxima aos alumnos.

Compartimos con ela dúbidas e inquietudes e ensinounos os seus trofeos, medallas e noticias de prensa nas que foi protagonista en moitas ocasións, unha auténtica loitadora! 

Moitas grazas Tania por compartir con nós a túa experiencia!

 

TALLERES COA FUNDACIÓN NATURGY

Álbum: Curso 2019/2020 -> Naturgy

A fundación Naturgy, mediante o seu programa “Efigy Education”, desenvolveu  no noso centro unha serie de talleres sobre a eficiencia e as novas tecnoloxías enerxéticas.

Os nenos de 6º de E.I. no taller “Inventores de Enerxia Eficiente” descubrimos que é a enerxia, os seus usos e as principais fontesde enerxia.

En 2º de E.P. no taller “A aventura de Efi Bot” utilizamos  a robótica. Tiñamos quenarrar a historia de Efi Bot para conseguir enerxía e mellorar o medio ambiente.

Os nenos de 4º de E.P., no taller “Energy Quizz” tiñamos que resolver cuestións sobre a enerxía, a eficiencia e a transición enerxética  a modo de concurso.

E por último en 5º, có taller “A enerxía de hoxe: o noso reto”, coñecimos as fontes de enerxía e os seus impactos a través de cinco retos.

Os educadores da Fundación aprendéronnos  moito dun xeito moi divertido! 

 

CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS

Os días 11 e 12 de febreiro todos os cursos disfrutamos dunhas sesións de contacontos en lingua de signos ofrecidas pola asociación ACOPROS .

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Álbum: Curso 2019/2020 -> Dia da Paz

 O 30 de xaneiro  conmemoramos coma sempre o Día Escolar da Non Violencia e a Paz no pavillón de deportes. Este ano sumámonos á convocatoria da "2ª MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E NON VIOLENCIA"  que invitaba, a través do concello, a todos os centros educativos de A Coruña  a facer a lectura dun Compromiso Ético e a realizar  símbolos  humanos pola Paz e a Non Violencia”. 

Ademáis, o luns 3 de febreiro participamos xunto con outros centros na CADEA HUMANA POLA PAZ no paseo marítimo e promovida polo CEIP Raquel Camacho (máis información no blog  "Rakonto"  de dito centro),  Alí xuntámonos polas mans e fixemos a ola e mostramos a nosa pancarta co lema "XUNTOS POLA PAZ E A DIVERSIDADE". 

BO NADAL

 VER AS FOTOS     Na galeria      

VER OS VÍDEOS   Poesía de nadal 2ºA      Panxoliña 2º B    Himno alegría violín

 

CONTACONTOS DE ANAYA NO 1º CICLO

Esta semana disfrutamos dunha sesión de contacontos moi especial con Iago López, quen nos contou o seu conto "O cociñeiro Martiño eas cenorias desaparecidas"

      

Distribuir contido


by Dr. Radut