Skip to Content

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Álbum: Curso 2019/2020 -> Dia da Paz

 O 30 de xaneiro  conmemoramos coma sempre o Día Escolar da Non Violencia e a Paz no pavillón de deportes. Este ano sumámonos á convocatoria da "2ª MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E NON VIOLENCIA"  que invitaba, a través do concello, a todos os centros educativos de A Coruña  a facer a lectura dun Compromiso Ético e a realizar  símbolos  humanos pola Paz e a Non Violencia”. 

Ademáis, o luns 3 de febreiro participamos xunto con outros centros na CADEA HUMANA POLA PAZ no paseo marítimo e promovida polo CEIP Raquel Camacho (máis información no blog  "Rakonto"  de dito centro),  Alí xuntámonos polas mans e fixemos a ola e mostramos a nosa pancarta co lema "XUNTOS POLA PAZ E A DIVERSIDADE". 



album | by Dr. Radut