Skip to Content

ABALARMÓBIL NO COLEXIO

O CEIP Sagrada Familia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, sérvese de abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos e fillas a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. 

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos ou fillas a través destes dispositivos.

Acceder aos datos persoais.As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

  • Consultar as cualificacións.
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
  • Consultar as faltas de conduta.
  • Solicitar unha cita de titoría.
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as  incidencias creadas polo profesorado

Video explicativo para a súa instalación   e  vídeo explicativo das súas funcionalidades

  • En galego, premendo aquí ou na imaxe  inicial.
  • En castelán, premendo aquí.


page | by Dr. Radut