Skip to Content

1º Primaria, 2º Primaria, 3º Primaria, 4º Primaria, 5º Primaria, 6º Primaria, E. Primaria

REGUEIFAS

Os alumnos de 5° e de 6° de Educación Primaria participaron nun obradoiro de regueifas dirixido pola regueifeira Lupe Blanco. Con ela aprendimos o que son as regueifas, o seu ritmo e ata  creamos a nosa propia regueifa.

Pásamolo xenial!

PARQUE DE BENS

Os alumno de 4º pasaron unha xornada  no Parque de Bens par celebrar o fin de curso. 

MÚSICA E EVOLUCIÓN

O alumnado de 5º de E. Primaria participamos no obradoiro "Música e evolución" no que fixemos un percorrido da evolución dos instrumentos musicais galegos dende a Prehistoria ata a actualidade.

PRAZAS CON PODER

O alumnado de 5º participamos no itinerario "Prazas con poder" promovido polo concello.  Fixemos un percorrido polas prazas importantes por algún feito histórico ou social; asi visitamos a Praza de Mº Pita e o Concello, a Praza de Azcárraga e aPraza da Constitución.

CIBERSEGURDADE E MÓBILES

Todos os años os alumnos de 5º e 6º reciben a visita da Policía Nacional e participan nuns obradoiros do Concello para recibir formación en temas de acoso, uso das redes sociales e móbiles. 

Polas iconsecuencias destes temas na convivencia escolar, social e familiar , os pais dos alumnos de 6º asistiron a unha charla coa Policía Nacional de cara a ter un uso responsable das redes e móiles e previr situacións de risco.

Agradecemos aos axentes a súa colaboración co centro nestes temas.

 
   

VISITAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA

Como todos os anos o alumnado de Educación Infantil e os cursos pares de E. Primaria acudimos a Biblioteca Municipal da Sagrada Famila para participar nas actividades que as bibliotecarias teñen preparadas para nós. Sempre disfrutamos moito.

 

VISITA AO "IDEAL GALLEGO"

No mes de xaneiro os alumnos de 5º visitaron á redacción do xornal "El Ideal Gallego". Tras un recibimento no  que lles entregaron as súas propias acreditacións de "redactores junior" e  presentaronlles  a todo o personal das distintas seccións da redacción, puxeronse mans á obra, xa que non foran ao xornal só de visita, senón para redactar as súas  noticias. Como verdaideros xornalistas tiñan a tarefa de organizar a información que lles entregara a directora, elixir os titulares, maquetar e seleccionar a imaxe que as acompañaría.

Os alumnos enteráronse de noticias en primicia. Exclusivas merecedoras dunha portada!

Esta visita tamén foi noticia no xornal e nas súas redes sociais

 

https://www.instagram.com/reel/Cn4vMWtDvF_/?igshid=MDJmNzVkMjY%3D

 

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

Ecopercusión é unha actividade para sexto de Primaria na que o alumnado aprende a interpretar diferentes ritmos empregando material de reciclaxe.

PLAN DIRECTOR DA POLÍCIA NACIONAL

Esta semana recibimos a visita dos axentes da Policía Nacional Abraham Arruñadas e Jose. Aos alumnos de 5º  faláronnos do acoso escolar e aos de 6º das novas tecnoloxías e do uso responsable da internet, das precaucións na utilización das redes sociais. Aprendimos moito.

   

A RUTA DA AUGA. 3º E. PRIMARIA

Álbum: Curso 2021/2022 -> A ruta da auga 3ºE.P.
Distribuir contido


by Dr. Radut