Skip to Content

MULLERES GALEGAS DEPORTISTAS. CHARLAS DE TANIA PREGO

Álbum: Curso 2019/2020 -> Taekwondo con Tania

A semana do 9 de Marzo e co motivo da celebración do día da muller traballadora, tivemos a sorte de gozar das charlas a todos os cursos que deu a deportista e campiona de taekwondo Tania Prego, nai de Aldara e Erea de infantil, que ademais foi alumna do noso centro.

Escoitándoa os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer de preto como é a vida dunha muller deportista de élite dende a súa infancia. Tania explicounos como entrou neste mundo, os seus logros, sacrificios e en xeral a súa experiencia como deportista de élite, transmitindo os bós valores que a ela lle achegou esta profesión e dando unha visión moi clara e próxima aos alumnos.

Compartimos con ela dúbidas e inquietudes e ensinounos os seus trofeos, medallas e noticias de prensa nas que foi protagonista en moitas ocasións, unha auténtica loitadora! 

Moitas grazas Tania por compartir con nós a túa experiencia!

 



album | by Dr. Radut