Skip to Content

ENTROIDO 2022 "UNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO DOS CONTOS"

Aquí temos o vídeo da festa de Entroido deste ano. Tedes que perdoar o retraso pero foi complicado podelo compartir.

Antes de nada agradecer a toda comunidade educativa a súa colaboración e en especial ao profe Rafa por facer esta montaxe e ao noso amigo Borja Seoane por facer as fotos có dron.

Para poder velo prema sobre a imaxe.

XUNTOS POR UCRAÍNA

 Toda a  comunidade educativa do cole preparou unha campaña de recollida de alimentos, produtos sanitarios e efectivo para, unidos ao Banco de alimentos de A Coruña, apoiar a todas as persoas que  están pasándoo tan mal como consecuencia da guerra en Ucraína.

Entre todos xuntamos 310 K/L y 622 euros. Pincha para ver o vídeo resumo

Ademais o Judo Clube Coruña, uniuse á causa impartindo un curso de defensa persoal para familias e profes, aportando a totalidade da recaudación das inscricións cun total de 130 euros.

A clase foi un éxito, tal como pódese apreciar nestes dous vídeos

                        

  Todas as imaxes están na galería

RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA A XESTIÓN DO COVID-19. XANEIRO 2022

 Resumo das recomendacións  no ámbito educativo

1. Ventilación de espazos.

2. Hixiene de mans e hixiene respiratoria

3. Uso obligatorio de máscara  no transporte. 

Recoméndase o uso da máscara:

• A persoas que presenten síntomas compatibles coa Covid -19.

• A persoas con criterios de vulnerabilidade, especialmente en situacións de

alta incidencia comunitaria.

• A persoas que presenten sintomatoloxía respiratoria, con ou sen sospeita de

Covid-19.

PREME AQUI PARA VER TODA A INFORMACIÓN  

VISITA AO MUNCYT

Os días 27 e 28 de xaneiro, os alumnos de quinto de primaria realizaron unha visita ao MUNCYT. 

Percorreron distintas salas do museo: pasárono moi ben na sala Iberia onde subiron á cabina do avión "Lope de Vega", que trouxo o "Guernica" a España. Ademáis fixeron un  percorrido polos inventos do século xx: lavadora, teléfono,coche... para rematar cun tobradoiro sobre a luz con experimentos moi instructivos e divertidos.

   
 

CONCERTO DIDÁCTICO "¡VAIA CIRCO!"

Álbum: Curso 2021/2022 -> Concerto didáctico 1º e 2º E.P.

O alumnado de 1º e 2º de primaria fomos ao Palacio da Ópera para ver o concerto didáctico ¡Vaia Circo! de Odaiko Percussion Group.

Disfrutamos moito deste espectáculo no que os artistas animaban ao público a interactuar con eles.

CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL

Este  luns 17 de xaneiro os alumnos de 6º de E.P. disfrutamos dun concerto didáctico organizado polo  o Cntro Coreográfico Galego  Dun xeito práctico coñecimos instrumentos, e ritmos  da música tradicional galega.

NADAL 2021

Álbum: Curso 2021/2022 -> Nadal

Esperamos que todos pasedes un bó Nadal. Vémonos o 10 de xaneiro!

Non podemos deixar de agradecer as nais da ANPA que encheran o colexio de ilusión decorando os corredores e o patio asi como as xestións que fixeron para que os Reis Magos nos visitaran e  recolleran as cartas de os nenos de infantil e de 1º ata 4º de primaria.

Éstas son as felicitacións gañadoras do concurso; norabóa a Martina de 4ºB e Mía Paz de 6º A de infantil

Ademáis terceiro e cuarto de E.P. celebraron unha carreira San Silvestre na que disfrutaron moitísimo.Prema aqui para ver as fotos desta carreira

TEATRO NO FORUM

Álbum: Curso 2021/2022 -> Teatro "As Cotton"

O venres 26 de novembro os alumnos de 3º, 4º e 5º de E. Primaria acudiron ao Forum Metropolitano para ver a obra de teatro "Os Coton".

Desfrutamos moitísimo. Prema sobre o albúm para ver as fotos.

CRONOLOXIA DA NOSA BIBLIOTECA

Xa todos os nenos e nenas xunto cos seus titores coñeceron a nova biblioteca. Parece que sempre estivo ahí, pero non, hai un gran traballo e esforzo detrás, que xunto coa ilusión de emprender un novo proxecto fixo realidade un sono.

Nesta presentación móstrase todo o proceso dende o seu inicio ata hoxe. Este proceso continua, acompáñasnos?

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut