Skip to Content

CARREIRA ENKI

O 21 de decembro todo o colexio participamos na carreira Enki pola inclusión. Pasámolo xenial!!!

BO NADAL!

Álbum: Curso 2023/24 -> Nadal

 

Despedímonos deste trimestre coa participación de todo o colexio na carreira Enki, da que xa informará a profe Pili.

Ademáis, como sempre recibimos a visita dos Reis Magos. Con moita ilusión e nervios os nenos e nenas entregáronlles as cartas.

Queremos agradacer ás mamás do ANPA a decoración do cole: o Grinch, a estación polar, os  renos, as árbores... Dedicaron moito tempo e fixéronno con todo o cariño e xenerosidade que sempre amosan nas actividades do centro.

No álbum podedes ver a visita dos reis, a decoración dos corredores e máis.

BO NADAL!

MERCADILLO NAVIDEÑO

"Invitamos a toda a comunidade escolar do noso centro a visitar o mercadillo navideño que terá lugar o día 15 de decembro de 17:00 a 19:00 no patio cuberto do noso centro. ENTRADA GRATUÍTA
Toda a información no blogue do ANPA 
 

RECREA ENKI EN TU COLE

PREPARANDO A CARREIRA ENKI

 Este Nadal celebraremolo movendonos como cada ano coa carreira ENKI! Ide quentando motores que falta pouco...

 

ECOPERCUSIÓN NA AULA

Este curso o alumnado de 3º ciclo participamos de novo no obradoiro de ecopercusión, actividade para  aprender a interpretar diferentes ritmos empregando material de reciclaxe.

MAGOSTO

Álbum: Curso 2023/24 -> Magosto

Non poden faltar os castañeiros o dia de Magosto. As castañas estaban boísimas e todo o alumnado deisfrutou delas así como dos xogos que prepararon os profes de E. Infantil, de Educación Física e alumnos e alumnas de 6º

SAMAÍN OUTUBRO 2023

Álbum: Curso 2023/24 -> Samaín

Corredores cheos de cabazas e aulas con bruxas, trasnos, vampiros, heroes, piratas...asi celebramos o Samain!

Premendo aqui coñeceredes máis sobre o Samaín e todo o que a Bruxa Maruxa e colaboradoras prepararon para esta data.

A IMPORTANCIA DA PREVENCIÓN

Xa comezamos as actividades de prevención e formación no noso centro.

A asociación Ancas en colaboración con Stop Accidentes imparte estes días uns obradoiros e charlas ao alumnado de 3º a 6º sobre seguridade vial, normas de conducción de patinetes, bicicletas, o uso de transportes alternativos ao coche...

Os alumnos de 5º e 6º recibiron unhas charlas da Policia Nacional, enmarcadas no programa Plan Director para a prevención e detección do acoso escolar e uso responsable das redes sociais e os perigos da internet. Esta actividade compleméntanse  cos obradoiros do Concello sobre estes temas.

AVISO IMPORTANTE AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Xa están colgados no corcho do acceso principal o listado provisional de axudas de material e libros concedidas. O 4 de xullo colgarase o listado definitivo. Haberá un prazo de dous días  29 e 30 de xuño hábiles para posibles reclamacións.

A entrega de  cheques farase en horario de 9:30 a 13:30 preferentemente nesta orde:

  • Mércores 5 de xullo: 1º e 2º de primaria
  • Xoves 6 de xullo: 3º e 4º de primaria
  • Venres 7 de xullo: 5º y 6º de primaria

OS CHEQUES NON CADUCAN. PODEN RECOLLERSE EN SETEMBRO.

O centro permanecerá pechado a partir do 10 de xullo ata o 1 de setembro. No caso de ter algunha cuestión importante e urxente que resolver envíen un correo a  ceip.sagrada.familia@edu.xunta.gal   comentando o asunto e deixando un número de teléfono.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut