Skip to Content

CINEMA NA ESCOLA

Álbum: Curso 2022/23 -> Cinema na escola

Noraboa aos nenos e nenas de 6º polos premios acadados na Gala "Cinema na escola" polo corto MZ. Esta gala tivo lugar no Ágora e asistiron todos os centros participantes e representantes do concello  

Agradecemos a colaboración de  Hugh, impulsor deste proxecto , asi como á profe Pili a súa adicación e implicación,  e tamén ás titoras de 6º.  

Se ainda non o viches prema aquí.

Ademais, e para rematar co programa de inclusión da diversidade a través do deporte da fundación ENKI, este alumnado de sexto no mes de abril, disfrutou dunha xornada de deporte adaptado onde experimentaron e coñeceron da man dos propios deportistas diferentes modalidades do mesmo. Pasáronno xenial!!"

 

 

 

MÚSICA E EVOLUCIÓN

O alumnado de 5º de E. Primaria participamos no obradoiro "Música e evolución" no que fixemos un percorrido da evolución dos instrumentos musicais galegos dende a Prehistoria ata a actualidade.

PRAZAS CON PODER

O alumnado de 5º participamos no itinerario "Prazas con poder" promovido polo concello.  Fixemos un percorrido polas prazas importantes por algún feito histórico ou social; asi visitamos a Praza de Mº Pita e o Concello, a Praza de Azcárraga e aPraza da Constitución.

PROXECTO MELISA

Álbum: Curso 2022/23 -> Proxecto Melisa

"Acercarte" e a Facultade de Ciencias da Educación da USC únense no proxecto MELISA (Música, Educación, Linguas, Inclusión, Sinestesia e 

Artes) para darlle acceso a persoas da Comunidade Autónoma de Galicia á musica e á arte mediante a reprodución dos grandes cadros da historia da Arte na súa contorna máis próxima.

O noso centro, o CEIP Sagrada Familia, tivo a oportunidade e a primicia na cidade da Coruña de poder ter un espazo exclusivo e un obradoiro para cada grupo  dedicado a dez obras de arte ás que non temos acceso habitualmente. 

Esta experiencia artística desenvolveu no alumnado unha maior sensibilidade ante a obras pictóricas e musicais (estas últimas creadas por Eva Somolinos, a guía das obras de arte) e un achegamento á sinestesia e ás diferentes visións que ten cada un de nós ante as expresións artísticas.

A comunidade educativa acolleu esta proposta con gran satisfacción, e agardamos volver ter a oportunidade de disfrutar desta experiencia en vindeiros anos.

ACTIVIDADES CULTURAIS NO MES DE MARZO

Foron moitas as actividades nas que participamos no mes de marzo: o alumnado de infantil, 2º, 4º e 6º de primaria acudiron á biblioteca do barrio, o de 3º a 6º de primaria a un concerto no Palacio da Ópera, os de 4 anos, 1º e 2º ao Castelo de San Antón, 3º ao Museo de Belas Artes, os de 4º á Fundación Jove, 1º aos Xardíns de San Carlos, 2º á ruta Tesouros de María Pita, 5º áo itinerario Prazas con poder, 6º ao itinerario A Coruña Praza Forte do reino...

     
   

Ademáis na biblioteca do colexio recibimos a visita da escritora Érica Esmoris co seu libro patio de luces.

    

AVISO ADMISION I.E.S.URBANO LUGRÍS

O I.E.S. Urbano Lugrís informounos que todo o alumnado que solicitou a reserva de praza nese centro a ten concedida. Lembramos que teñen que formalizar a matrícula no I.E.S. do 23 de xuño ao 7 de xullo.

ENTROIDO 2023

Álbum: Curso 2022/23 -> Entroido

Toda a comunidade educativa disfrutamos dun marabilloso festival de Entroido (todas as fotos no album superior e na galería de fotos). O fío condutor era"A VOLTA AO MUNDO NAS NOSAS 23 NACIONALIDADES" , proxecto impulsado dende a  Biblioteca do centro e que podedes seguir no blogue da biblioteca e o Instagram " A biblio de Maruxa"

ENTREGA DE PREMIOS ANCAS NO CONCELLO

Álbum: Curso 2022/23 -> Concurso Ancas

Felicitamos á gañadora e aos finalistas do concurso de Educación vial "Ancas, agora imos andando ao cole". Noraboa a Leila (que ademais gañou a bicicleta do sorteo), a Luis, a Helia, a Mathias e a Dora.

 

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

Ecopercusión é unha actividade para sexto de Primaria na que o alumnado aprende a interpretar diferentes ritmos empregando material de reciclaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut