III Gala do Deporte en Tui

III Gala do Deporte en Tui

O pasado venres 28 de Novembro de 2014, tivo lugar no Área Panorámica a III Gala do Deporte de Tui, onde quedou reflexado a gran labor deportiva que están levando a cabo: deportistas, adestradores, directivos, familias, etc...

Dende o Ceip Purilingüe e Abalar Nº2 de Tui, queremos felicitar a todos os galardoados, especialmente a aqueles que formaron parte do noso cole ou que ainda forman.

Felicitar á :

  • Radio Municipal de Tui polo seu premio, en especial a José Font papá de Mar de 5ºB e Justi Peixoto papá de Carla de 4ºC.
  • Tyde Futbol Club, polo seu premio, de Mellor Entidade de propomoción do deporte base, neste club xogan moitos nenos do noso colexio. Felicidades para todos eles.
  • Kayak Tudense, polo seu premio, de Mellor Club do ano 2014, club que sempre está a colaborar co noso centro e no que adestran nenos do noso cole. Felicidades polo voso gran traballo.
  • Uxía Pérez Bugarín. Premio a  Deportista Tudense Feminina 2014.  Antiga alumna do noso cole e unha gran deportista, no mundo do atletismo. Este ano foi campiona de España e participou nos xogos da xuventude en Bakú. Noraboa Campiona.
  • Gustavo Rodríguez. Premio a  Deportista Tudense Masculino 2014.  Antigo alumno e mestre do noso cole e un gran deportista, no mundo do triatlón. Este ano foi campión de España de Triatlón etc... considerado o mellor atleta do ano pola Federación Española de Triatlón. Noraboa Campión.

A eles e a todos os demáis felicidades e grazas por darnos tantos momentos de ledicia ao longo do ano. Grazas!!