Iván Alonso e Manuel Garrido recibiron a medalla de bronce ao mérito deportivo o pasado xoves día 24 de Novembro de 2014

Iván Alonso e Manuel Garrido, ambos os do Kaiak Tudense, recibiron o pasado xoves día 24 de Novembro de 2014, en Madrid a medalla de bronce ao mérito deportivo concedida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Desa forma recoñécense os méritos deportivos de ambos na modalidade de piragüismo. Ambos toman parte nas competicións de maratón e tamén de pista.

Iván Alonso posúe no seu palmarés seis medallas en campionatos do Mundo e catro nos de Europa. As últimas foron logradas na actual tempada. Pola súa banda, Manuel Garrido posúe cinco medallas no seu palmarés.

Os dous xa se atopan adestrando para poder afrontar a próxima tempada. Mentres Iván Alonso ten o obxectivo de estar no podio tanto en K-1 como K-2 no Mundial e no Europeo, Manuel Garrido buscará novos desafíos no C-1.

Os dous padexeiros do Kaiak Tudense tamén traballan para que o seu club poida conseguir os triunfos a nivel nacional. Os tudenses foron campións de España de inverno, subcampións de verán e gañadores da liga Nacional de Pista e da Copa do Rei.

Noraboa Campións!!!.