Os equipos Alevín do C.B. Tui xogaron esta fin de semana o cuarto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 27 de Novembro de 2014, tivo lugar o cuarto  encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB. Nesta xornada o noso equipo gañou  ante o equipo de Porriño 48-68.

Por outro lado o equipo Alevín mixto no que xogan: Paula Rusell, Laura Castiñeira e Diego Carballo gañaban tamén ao equipo Porriñés por 60-09

Noraboa campións!.