I Campeonato Galego de Horseball en Tui

I Campeonato Galego de Horseball Tui

Lugar: Instalacións Equigalia Pexegueiro Tui

Sábado 1 e Domingo 2 de Novembro de 2014

Esta fin de semana as instalacións hípicas de Equigalia, situadas na parroquia de Pexegueiro en Tui,acollerón o I Campeonato Galego de Horseball. Na proba competiron os seguintes clubes:  La Muralla, La Muralla Atlético, Cabaleiros do Salnés y Haras de Compostela.

Este deporte descoñecido para moitos, poderíamos decir que é como xogar a baloncesto pero a cabalo. O xogo consiste en introducir unha pelota nunhas canastas, e se enfrontan dous equipos, os cales teñen que conseguir pasarse a pelota e recollela do chan sen desmontar.

Pablo Saavedra de 6ºB foi o noso responsable que se desplazou ata as instalacións de Equigalia coa súa familia e reoclleu esta noticia e as fotos que aquí vos deixamos.