Xornada de Promoción de Balonmán

O martes 12 de Setembro, os/as nenos/as de primaria do Ceip Nº2 de Tui, tivemos a visita de Oscar, Marta e Miguel. Tres grandes xogadores e adestradores do Clube Balonmán Tui, que nos convidaron a participar na actividade de Balonmán. Esta actividade é gratuita e lévase a cabo no Pavillón Novo de Tui, en colaboración co Ceip Nº2 de Tui, a Federación Galega de Balonmán e a Deputación Provincial de Pontevedra.