Aliméntate ben.

Inicio | Ti si que es un bo peixeVisita ao Porto da GuardaInicio | Ti si que es un bo peixe

Ti es un bo peixe.

Alumnado de 2º de Educación Primaria.

O pasado xoves día 16 de marzo, o alumnado de 2º visitou o Porto da Guarda, dentro do Programa do Plan Proxecta: " Ti es un bo peixe". 

O alumnado tivo oportunidade de visitar o porto pesqueiro, a onde chega o peixe que capturan os barcos. Despois as peixeiras, na Praza Municipal, explicáronlle os tipos de peixe e os seus prezos. Ao rematar no mercado, as redeiras ensináronlles como se fan as redes que os mariñeiros usan no mar.

Finalmente, para merendar tiveron un menú-degustación con produtos do mar.

Unha xornada estupenda onde aprendemos moitas cousas do mar.