1ª San Silvestre (Tui, 31 de nadal de 2022).
O Club Atletismo Tui, coa colaboración do Concello de Tui, vai organizar o día 31 de nadal de 2022, a 1ª proba San Silvestre en Tui. Esta proba poderá realizarse correndo ou andando. Unha fantástica posibilidade de prácticar deporte en familia.
Animádevos a participar en familia!. Ao remate da proba haberá chocolate, rosca e uvas.
A Inscrición será gratuíta imprescindible ata o mércores 28 de decembro.
En beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Poden facerse donativos no seu número de conta (ES50 2100 2188 8302 0022 3608) ou en efectivo coa recollida do dorsal o día da carreira.
Atoparedes máis información na web do Club Atletismo Tui.