Campo a Través Escolar Zonal 20-21.

Cambio no Horario  de Campo a Través Escolar Zonal 20-21.

Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño

Xoves  28  Outubro 2021

            A proba de Campo a Través, en horario escolar de mañá, vai ter lugar o vindeiro xoves día 28 de Outubro de 2021. A proba levarase a cabo nas Instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño, dentro do recinto escolar e instalacións deportivas do mesmo.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º e 4º de Educación Primaria, que competirán por equipo clase  e asistirán á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.

Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chándal do mesmo se o tiveran. Os nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e volverán  ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento será en autobús gratuíto.

O alumnado de 2º sairá do colexio ás 9:30h e volta ao mesmo arredor das 11:20 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 10:30h.

O alumnado de 4º sairá do colexio ás 10:30h e volta ao mesmo arredor das 12:50 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 11:30h.

Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios e sen acceder ás instalacións do CEP Pedro Casselles, para cumprir coas medidas Covid-19.