Renovación dos pavillóns de Tui.

Sorpresas de Nadal para os nen@s do Ceip Nº2 de Tui,

coa renovación dos pavillóns para Educación Física.

Este curso tan atípico por moitas razón, tamén nos deixa algunhas boas e esperadas noticias. Despois de un primeiro trimestre ao aire libre, a volta do Nadal deixanos unha gran sorpresa. O alumnado de 5º e 6º podemos voltar aos pavillóns que agora atópanse renovados e coma novos. Unha agradable sorpresa que nos vai permitir xogar e facer actividade física, deportiva e saudable.

O noso agradecemento ao Concello de Tui, á Concellalía de Deportes e a todas as entidades que fixeron posible esta aposta polo deporte e pola educación de Tui.