Paula e Jaime quedan na casa, practicando actividade física.

Paula e Jaime quedan na casa,

practicando actividade física.

Onte día 23 de abril, Paula de 6ºA e Jaime de 3ºA, enviáronnos un par de  vídeos e algunhas fotos  fantásticas, con eles queren animarnos, polo que nos dedican unha canción. Gran interpretación.

Eles tamén fan actividade deportiva a diario coa súa familia: Cinta, ximnasia pola tele, piscina, xogan ao tenis e incluso fan Kung Fu.

Así nos gusta, que practiquedes actividade física a diario e que o pasedes ben. Moitas, moitas grazas a Paula, a Jaime e a súa familia.