Campionato Provincial Escolar de Campo a Través 19-20.

Campionato Provincial Escolar

de Campo a Través 19-20.

Instalacións da Azucreira de Portas.

Mércores 12 de febreiro 2020

O Vindeiro mércores 12 de febreiro de 2020, en horario de mañá, vai ter lugar o Campionato Provincial Escolar da presente Campaña Deportiva, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións da Azucreira de Portas. A proba terá lugar de 10:30h a 13:30h. Nesta proba participará o alumnado da clase de 3ºA, clasificado na proba escolar levada a cabo no Cep Pedro Caselles de Tomiño. A saída do bus para tódolos nenos/as que participan nesta competición será ás 9:15h. do C.E.I.P. Nº 2 de Tui. Prégase puntualidade porque a esta hora sairá o bus sen retraso.

Todo o alumnado que queira participar nesta proba, deberá traer esta notiña asinada antes do vindeiro martes día 21 de xaneiro, para autorizar ao Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui a comunicar os datos relativos do meu fill@ ( nome, apelidos, data de nac , sexo…) cos únicos efectos de inscrición, mutualización  e desenvolvemento desta competición a Xogade,  Agrudebam, Erasmus+…