DEPORTE ESCOLAR.
Bádminton Curso 19-20
O vindeiro martes 4 de febreiro, terá lugar a 2ª xornada da competición escolar de Bádminton para a Categoría Alevín ( 5º e 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se tiveran, chandal do mesmo e merenda. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.