Tenis de Mesa 17-18. Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 18 de Abril de 2018

Tenis de Mesa 17-18.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

18 de Abril de 2018

O pasado,  Mércores día 18 de Abril,  tivo lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 17-18 no Pavillón de Sobrada. Foi unha tarde estupenda na que canda aos nen@s do Ceip Pintor Antonio de Goián, do Ceip de Sobrada, do Ceip de Tebra, do Cep Pedro Caselles e do Ies Anton Alonso Ríos disfrutamos do tenis de mesa. Tamén estiveron con nós algúns xogadores do Club de Tenis de Mesa Monteferreiros, que nos animaron a adestrar no seu club e aprender a xogar mellor a Tenis de Mesa.