MUIÑEIRA A RITMO DE HIP HOP

MUIÑEIRA A RITMO DE HIP HOP

Como amantes e seguidores do deporte, da innovación e de Galicia, deixámosvos o seguinte video para que poidades desfrutar da espectacular coreografía levada a cabo por 50 bailaríns da escola viguesa de baile Media Punta, coa que se proclamaron campións de España no campionato que se celebrou en Burgos o pasado Marzo.

Grazas a esta clasificación, o equipo vigués defenferá a coreografía na final da Dance World Cup.

Moita sorte bailaríns, e grazas por esta marabilla.

Pinchade aquí para ver “A Muiñeira de Chantada a ritmo de hip hop que valeu un ouro”.