DEPORTE ESCOLAR 2017-18. FASE FINAL DE BÁDMINTON (Tomiño)

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 17-18 

O pasado mércores 21 de Febreiro tivo lugar a Xornada Finalda competición escolar de Badminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. A competición xerou un gran interés por parte de alumnado e público, o que sempre é de agradecer. Todos levaron medalla por participar e moitos nenos e nenas do colexio e do clube de Bádminton ocuparon os primeiros postos. Agradecemos o esforzo a todos os membros responsables da organización de toda a competición e tamén ás familias pola participación.