Os 'Hispanos' son campións de Europa

 CAMPIÓNS DE EUROPA !

A selección española masculina de balonmán logrou este domingo o seu primeiro título de campioa de Europa ao gañarlle á Suecia por 29-23 na final do certame continental de Croacia 2018 e tras unha segunda metade impresionante a favor dos hispanos, do partido xogado en Zagreb.

España asinou o seu primeiro título na súa quinta final e tras ser subcampioa en 1996 (ante Rusia), 1998 (ante Suecia), 2006 (ante Francia) e 2016 (ante Alemaña), e medallista de bronce en 2000 e 2014. Suecia segue sendo o equipo máis laureado do vello continente con catro coroas, as logradas en 1994, 1998, 2000 e 2002 nos seus catro anteriores finais.

 

Podedes atopar máis información aquí: http://www.crtvg.es/informativos/espana-gana-o-seu-primeiro-europeo-de-balonman-tras-derrotar-a-suecia-29-23