DEPORTE ESCOLAR.
Dinamización Intercentros
Ceip Nº2-Ceip Sobrada de Tomiño
Curso 17-18
Venres día 19 de xaneiro de 2018
O pasado venres día 19 de xaneiro de 2018 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada de Tomiño. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:00h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 5ºB, 4ºB. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos bos momentos compartidos cos nenos/as de Sobrada, aos que lle temos que agradecer a súa visita.