Campo a Través Zonal 17-18. O Borralliño-Soutelo ( Salceda de Caselas ) 18 Nov 2017

 Campo a Través Zonal 17-18.

O Borralliño-Soutelo ( Salceda de Caselas )

18 Nov 2017     

            O Vindeiro Sábado día 18 de Novembro vai ter lugar a Cross Zonal da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións deportivas do Borralliño en Soutelo ( Salceda de Caselas). Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º, gustaríamos contar con un gran número de participantes de Tui. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro venres día 10 de Novembro.

 

Aquí tedes a folla de Inscripción que podedes descargar.

Atoparedes máis información en Agrudebam.

A saída do bus para tódolos nenos/as que participan nesta competición será: ás 8:45h nas paradas de Areas, Rotonda e Rafi, ás 8:55h do C.E.I.P. Nº 2 de Tui. Prégase puntualidade porque a esta hora sairá o bus sen retraso.

 

O Regreso do bus será aproximadamente entre as 13:45h.

Para as familias que se van desprazar en coche poden acceder ao circuito, dende a Nac 550 en Guillarei, desviándose á dereita  a altura do Hotel Alfonso I en Guillarei, subir por Sobredo pola estrada comarcal que une Guillarei e Soutelo.

A competición dará comezo ás 10:30h para a categoría Benxamín Feminina (2º,3º), ás 10:40h para a categoría Banxamín masculina (2º,3º), ás 10:55h para a categoría Alevín Feminino (4º,5º), ás 11:10h para a categoría Alevín Masculina(4º,5º),  ás 11:25h para a categoría Infantil Feminino ( 6º) e ás 11:40h para a categoría Infantil Masculino ( 6º).

Todos os participantes terán que estar no circuito 15 min antes de que comece a súa proba para que se lle entregue o dorsal. Haberá unha carpa co nome do Ceip Nº2 de Tui no Campo de fútbol, lugar de encontro para todos os participantes do noso colexio e onde as mestras  lle entregarán o dorsal da carreira.

            Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran),  a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), tenis e roupa de abrigo por mor do frío.

            ¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do Mércores día 22 de Novembro.

            Aquí poden atopar máis información da proba (información de como chegar ao circuito, as animacións das carreiras, distancias, horarios…).

 

            Para calquera dúbida poden chamar ao tlfno 650602161.