PROPOSTA DE LIBROS DEPORTIVOS PARA LER

Proposta de contos deportivos para ler e disfrutar.

Dos alumnos de  5ºC

Hoxe venres día 27 de xaneiro de 2017, seguimos a recibir novas propostas de Contos deportivos para leer, os alumnos de 5ºC quixeron compartir con nós máis contos deportivos.

1º Iria  trouxonos dous contos:

·        “Busca en el club hípico caballos y ponis”. Un libro onde o tema principal é o mundo da hípica e dos cabalos. Un deporte que a Iria e a moitos nenos do nosos colexio lles encantan.

·        “El rugby no es cosa de chicos”. Un libro moi interesante sobre o deporte do rugby, que vos animamos a leer e disfrutar.

2º Pablo Solla quixo compartir con nós outra das súas lecturas favoritas das aventuras de Gerónimo Stilton “¡Un superratonico día de campeonato!”. Un libro de aventuras que xa vos presentamos fai uns días, pero que hoxe vos deixamos outra vez, para vos animedes a leelo xa que é un dos favoritos dos nosos alumnos. Podedes saber máis dos libros de Geronimo Stilton no seguinte enlace: http://www.clubgeronimostilton.es/misLibros.php

3º Pablo Pérez, Alejandro e Victor , truxeronnos a colección completa dos libros dos “Futbolísimos. Descubrimos una boa forma de facer lectura, a lectura compartida. As familias de Alejandro e Pablo Perez comparten a colección dos futbolísimos así ambolos dous poden disfrutar de todos os libros. Unha idea que vos deixamos por se vos apetece compartir libros con outros nenos.

Tamén vos deixamos o enlace a web dos futbolísimos, por si queredes coñecer máis sobre eles: http://www.losfutbolisimos.es/ 

Moitísimas gracias a tod@s @s alumn@s de 5ºC por compartir con nós as súas lecturas favoritas. Dende o equipo de Deporte Escolar aproveitamos para animar a tódolos  nenos e nenas do noso colexio a disfrutar do apaixoante deporte da lectura.