OBRADOIRO DE CREACIÓN DE XOGUETES TRADICIONAIS

 

Obradoiro de “creación de xoguetes tradicionais”.

A actividade, dentro o programa “Tecendo lazos” da Deputación, é de balde e

busca fomentar o coñecemento dos xoguetes clásicos

O pasado Venres, 9 de decembro, abre o período de inscrición para o curso

gratuíto de Creación de Xoguetes Tradicionais dentro do programa

“Brincadeiras de sempre” no marco da acción da Deputación de Pontevedra

“Tecendo lazos”.

 

O curso ten como obxectivo fomentar o traballo en equipo e fomentar o

coñecemento dos cativos dos xoguetes tradicionais cos que xogaban os seus

avós e avoas. Celebrarase entre o 26 e o 30 de decembro en horario de 10:30

a 13:30 do mediodía. A actividade dividirase en 5 módulos diferentes e é

totalmente de balde.

 

No obradoiro, os menores de 13 anos deberán acudir acompañados dun adulto

namentres que aqueles que superen os 13 anos poderán realizar o mesmo

soamente cunha autorización da nai, pai ou titor/a legal.

 

A inscrición está aberta até o 23 de decembro e pode formalizarse no

Concello de Tui en horario de 9:00 a 14:00 horas. O obradoiro desenvolverase

no edificio da Seguridade Social fronte ao albergue de Peregrinos.