PROMOCIÓN DE NATACIÓN E PADEL

Promoción de Padel  e Natación

Club Padel Tui e Club Actividades Acuáticas Alto Miño.

Luns 19 de Setembro de 2016

O pasado Luns tivo lugar a Xornada de Promoción de Natación realizada por Juanjo España do Club Actividades Acuáticas do Alto Miño e a Promoción de Padel levada a cabo por, Juanjo,  Roger e Agustin do Club Padel Tui.. Eles animáronnos a ir a nadar con e sen aletas á piscina Municipal de Valença, faláronnos da importancia que ten a natación sobre todo cun Río como o Miño que temos en Tui.

Tamén disfrutamos con eles do Padel, que podemos practicalo toda a familia, no Pavillón Deportivo de Areas, lugar onde están instaladas as pistas de Padel, sendo as únicas cubertas de Galicia…

A actividade de Padel un día a semana ten un custo de 12 euros.

O horario é martes e xoves as 16:30, 17:15 e 18:00

Podedes atopar máis información en: http://www.padeltui.com/ ou no teléfono: 667748633