PROMOCIÓN DE JUDO

Xornada de Promoción de Judo.

Martes 13 e Mércores 14 de Setembro, estiveron con nós no colexio, Paco, Jose Ramón e David…monitores de Judo, promocionando este deporte entre tod@s @s nen@s de 5 anos de Infantil e Primaria….

Eles contáronnos moitas cousas de este gran deporte, que procede do Xapón e que nos pode axudar na defensa persoal, na concentración, cos reflexos, coa autoestima e sobre todo, como disfrutar e pásalo ben practicándoo.

Durante o mes de Setembro os Martes e Xoves pola tarde, en horario de 16:00h-17:00h, estarán no Ximnasio do cole para que practiquemos de forma gratuita.

 

Dende o Deporte no 2 do Ceip Nº2 de Tui, queremos aproveitar para felicitar a gran labor e traballo realizado por estes adestradores, cos resultados acadados a pasada fin de semana en Salamanca, onde competiron os veteranos do Clube, acadando grandes resultados, con 3 medallas de Ouro, 1 medalla de prata e 1 Medalla de Bronce…

1º Carmen María Gonzalez Ramos
1º Marina Cruces García
1º Luis Eduardo Ruiz Flores
2º Lino Martínez Perez
3º Jose Ramón Solla Prieto
Noraboa a tod@s!.