I TORNEO DE FÚTBOL BASE MICHAEL PAIS

I TORNEO FÚTBOL BASE MICHAEL PAIS

 

O próximo mes de Setembro, días 10 e 11, celebrarase en Salceda de Caselas o I Torneo de Fútbol Base Michael Pais, organizado pola Asociación Michael Pais e as escolas deportivas municipais do Concello de Salceda e o Clube de Fútbol Vila do Corpus. Para ó apoio aos nenos e nenas con cancro e enfermidades raras.

Neste torneo participan preto de 400 xogadores de diferentes equipos de Galicia e Portugal, nas categorías pre-benxamín, benxamín e alevín.

Todos/as aqueles amantes do fútbol, estades convidados/as a vir animar aos nenos a pasar uns días disfrutando deste deporte.

Agardámosvos!!!!!