II Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Ceip Nº1 de Tui

II Xornada de Dinamización Intercentros

 

Ceip Nº2 de Tui- Ceip Nº1 de Tui

 

A mañá de onte, Mércores día 11 de Marzo de 2015, tivemos a II Xornada de Dinamización Intercentros. Nesta xornada que xogamos no Pavellón Vello de Tui, en horario escolar de 10:00h a 13:30h, visitáronnos, os nosos amigos do Ceip Nº1 de Tui.

 

Os alumnos de 6ºA, xogaron no equipo alevín, e os alumnos de 4ºC   representearon ao equipo Benxamín. Xogamos a: Balonmán, Bádminton, Volei, Xadrez, Baloncesto e Futbol-sala. Como somos nenos e nenas, todos os partidos foron mixtos.

O resultado foi o menos importante, o importante foi que o pasamos xenial, como podedes comprobar nas fotos que están a continuación.