Xornada Final Zonal de Bádminton Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete

 

 

Xornada Final de Bádminton Benxamín,Alevín, Infantil e Cadete

Mércores 25 de Febreiro de 2015

Pav da Carballa en Tomiño

O pasado , Mércores  día 25 de Febreiro, tivo lugar no Pav da Carballa en Tomiño, a Xornada Final Zonal de Bádminton para as categorias Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. Nesta xornada soamente participaron os/as alumnos/as, que se clasificaron anteriormente. A competición levouse a cabo dende as 16:30h ás 20:30h.

Aquí vos deixamos algunhas fotos de esta xornada, onde tivermos moi bos resultados, resaltando que Corina Estévez de 3ºA proclamouse Campiona Zonal.

Podedes ver máis fotos e os videos da competición en Agrudebam